miércoles, 16 de abril de 2014

1º DE MAIO

NAMENTRAS O GOBERNO TRABALLA DIA A DÍA PARA RECORTARCHE OS TEUS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS, ¿ TÍ  QUÉ  FAS ?

Coa disculpa da crise financieira i económica, os Gobernos de Mariano Rajoy e Nuñez Feijoo puxeron en práctica un verdadeiro asalto aos dereitos laborais, que tantos anos i esforzos nos levara conquistar, coa falacia demostrada, de que o recorte désos dereitos era necesario para crear emprego. Puxeron en marcha a Reforma laboral que soio sirveu para:
·         Despedir a traballadores/as fixos/as, para no mellor dos casos,seren substituidos por traballadores temporais e con contratos a tempo parcial.
·         Reducir os salarios, ben como consecuencia de que quedan por debaixo do IPC na negociación colectiva, ben como resultado da reducción directa dos mesmos,e conxelar perante 4 anos o salario do personal das Administracions.
·         Empeorar as condicions de traballo, facilitando ás empresas a modificación substancial unilateral  das condicions de traballo.
Ademais rebaixaron as condicions da prestación por desemprego, as prestacions do FOGASA, e reduxeron o poder adquisitivo dos pensionistas.

Pero ademais a sanidade pública cada vez e menos pública e menos universal, o ensino regulase de xeito mais clasista e reducense as becas, o que impide a igualdade de oportunidades, desmantelase a dependencia suprimindo as prestacions que se ganaran nos últimos anos.

Agora coa reforma da Lei de Mutuas, que está a tramitación parlamentaria, pretenden que os traballadores/as teñen que acudir enfermos ao seu posto de traballo.
            O Goberno empregouse a fondo, de xeito que ningún sector da crase obreira quedou a marxe da perda de dereitos.

Hoxe, mais que nunca, existen razons para opoñernos activamente a esta perda de dereitos, que ademais fixo posible que cada vez sexamos mais pobres, e que os ricos sexan mais ricos.
O cabreo e a indignación SIN MOBILIZACION, non sirven de nada.

ESTE 1º DE MAIO TEMOS QUE DAR RESPOSTA A TODALAS AGRESIONS QUE SUFRIMOS, E EMPEZAR O CAMIÑO DE RECUPERAR OS DEREITOS PERDIDOS, PARTICIPA CON CC.OO. NA
MANIFESTACION
ÁS 12 H. NA PRAZA DA PEREGRINA ( PONTEVEDRA ).


No hay comentarios:

Publicar un comentario