Esta adaptación ten que ser ratificada no próximo Pleno de este mes de abril, e terá que ser posteriormente publicado no BOPPO
ADAPTACIÓN DO V ACORDO REGULADOR PARA PERSOAL FUNCIONARIO
DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
PERMANENCIA
E ASISTENCIA Ó TRABALLO
CAPÍTULO
I. XORNADA E HORARIO
Artigo 8. Calendario laboral, xornada xeral e
horarios
8.1. Calendario laboral
O
calendario laboral é o instrumento técnico a través do cal realízase a distribución
da xornada e a fixación dos horarios, de acordo co establecido neste capítulo.
O
órgano competente en materia de persoal, respectando o establecido nas
presentes normas, aprobará antes do día
31 de decembro de cada ano o calendario laboral correspondente, con aplicación
a todos os Servizos e Unidades.
O
calendario laboral haberá de respectar en todo caso:
a)
A
duración da xornada xeral, establecida en 37 horas e media semanais, sen que
poida menoscabarse o cómputo anual da mesma con ocasión da xornada intensiva de
verán ou festividades locais ou nacionais
b)
O
número de festas laborais de carácter retribuído e non recuperable, que non
poderán exceder do establecido pola normativa en vigor
c)
O
horario de apertura e pechadura dos edificios públicos establecidos polo órgano
competente
d)
A
acomodación do horario ás necesidades do servizo e as funcións do centro
O
calendario laboral será público, a fin de asegurar o seu xeral coñecemento,
tanto por parte dos empregados públicos e dos seus representantes legais e
sindicais, como dos cidadáns interesados
8.2. Xornada laboral e horarios
A
xornada laboral común será de 37 horas e media semanais, distribuídas de luns a
venres, de 7.45 a 15.15 horas, salvo que pola organización do traballo de cada
centro non sexa posible, permitíndose unha flexibilidade de quince minutos á
entrada e á saída.
Nos
centros de traballo con xornada laboral partida terán o seguinte horario: os luns
de 8.45 a 13.00 horas e de 14.30 a 18.15 horas; de martes a xoves de 8.15 a 13.00
horas e de 14.30 a 18.15 horas e os venres de 8.15 a 12.15 horas, salvo que
pola organización do traballo nos centros se marque outro horario.
Excepcionalmente,
e atendendo á natureza do servizo prestado, poderase establecer un horario
especial no seguintes supostos:
-
Postos
de traballo nos que resulte máis adecuado pola natureza das súas funcións outro
horario.
-
Postos
de traballo doutras unidades, polas peculiaridades das funcións asignadas ás
mesmas.
Toda
xornada laboral distinta da xeral deberá constar na correspondente RPT.
Por
outra banda, nos centros de traballo con xornada laboral a quendas establécese
o seguinte horario. de 7.45 a 15.15 horas; de 14.45 a 22.15 horas e de 22.00 a 8.00
horas.
Calquera
que sexa o réxime de xornada laboral permitirase a flexibilidade de quince
minutos á entrada e á saída, incluído para os casos de xornada parcial, salvo
nos supostos previstos no sistema de control de horario.
Todo
o persoal estará sometido ó sistema de control de horario e asistencia mediante
o reloxo ficheiro situado en cada centro de traballo.
A
Deputación está obrigada a facilitarlle trimestralmente relacións xenéricas de
control de horario á Comisión Paritaria Mixta para a súa avaliación.
O
Rexistro Xeral e aqueloutras dependencias nas que así sexa preciso deberán
estar abertas os días hábiles. En tal caso a atención será rotatoria e
compensada mediante acordo cos representantes do persoal.
Nos
centros nos que non se poida poñer en práctica o horario xeral adoptaranse as
quendas de traballo que se fixen, previa negociación do deputado delegado en
materia de persoal coa Xunta de Persoal. Calquera modificación da xornada
laboral ou das quendas de traballo levarase a cabo previa negociación na
Comisión Paritaria Mixta, dándoselle conta disto á Xunta de Persoal.
Sen
prexuízo de acordo en sentido contrario as quendas diúrnas terán unha duración
de sete horas e media e as nocturnas de dez. En todo caso, o persoal que
realice a súa xornada de traballo en réxime de quendas terá, como mínimo,
dereito a descansar fins de semana alternas.
Cando
o empregado se atope co goce dun descanso semanal, e sexa requirido para acudir
ó traballo, compensarase con dobre xornada de descanso, cuxa concesión estará
supeditada as necesidades do servizo.
O
tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo coma ó final da
xornada diaria, o funcionario se atope no seu posto de traballo, considerándose
como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar,
gardar roupa, materiais ou útiles de traballo. A mesma consideración terá o
tempo utilizado para cumprir as normas de saúde laboral.
Para
o persoal que desenvolve a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou
itinerantes o cómputo da xornada normal de traballo empezará a partir do lugar
de recollida, reunión ou centro de
control tanto á entrada coma á saída do traballo.
Calquera
que sexa o réxime de organización do traballo, entre o remate dunha xornada e o
comezo da seguinte mediará un mínimo de 12 horas e, no caso da xornada
nocturna, de 31 horas, sen prexuízo do descanso semanal.
8.3. Reducións e adaptacións de xornada
1.
Reducións
e adaptacións de xornada con percepción íntegra das retribucións
O persoal funcionario ten
dereito á redución da xornada de traballo diaria, coa percepción íntegra das
súas retribucións, nos casos e nas condicións que se determinan a
continuación.
A) Para atender ó coidado
do cónxuxe ou parella de feito, dun familiar de primeiro grao de
consanguinidade ou afinidade, ou dun menor en acollemento preadoptivo;
permanente ou simple, por razóns de enfermidade moi grave, concederase unha
redución por horas completas de ata 3 horas ou a metade da duración da xornada
de traballo diaria, por un prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias
excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata unha
duración total de dous meses. Se houbese máis dunha persoa titular do dereito
polo mesmo feito causante, o prazo durante o que resulte aplicable a redución
de xornada prevista neste apartado, poderase ratear entre ambos.
B) Para atender ó coidado dun fillo menor de idade
por natureza ou adopción, ou no suposto de acollemento preadoptivo, permanente
ou simple dun menor, que padeza cancro (tumores malignos, melanomas,
carcinomas) ou calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso
hospitalario de longa duración ou hospitalización a domicilio das mesmas
características, e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e
permanente, acreditado polo informe do servizo público de saúde ou órgano
administrativo sanitario da comunidade autónoma ou, no seu caso, da entidade
sanitaria concertada correspondente, concederase unha redución por horas
completas de ata 4 horas ou a metade da duración da xornada de traballo diaria,
percibindo as retribucións íntegras, e como máximo, ata que o menor cumpra 18
anos, sempre que ambos os proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter
preadoptivo, permanente ou simple, traballen.
Na suposta concorrencia de ambos proxenitores, adoptantes,
gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter preadoptivo ou
permanente, polo mesmo suxeito e feito causante as circunstancias necesarias
para ter dereito a este permiso, ou de ser o caso, poidan ter a condición de
beneficiarios da prestación establecida para este fin no réxime da Seguridade
Social que lles sexa de aplicación, o funcionario terá dereito á percepción das
retribucións íntegras durante o tempo que dure a redución da súa xornada de
traballo, sempre que o outro proxenitor, adoptante, gardador con fins de
adopción, acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, sen prexuízo do
dereito á redución de xornada que lle corresponda, non cobre as súas
retribucións íntegras en virtude deste permiso, ou como beneficiario da
prestación establecida para este fin no réxime da Seguridade Social que lle
sexa de aplicación.
No caso contrario só terá dereito á redución de
xornada coa consecuente redución de retribucións. A estes efectos, o
funcionario que solicite este permiso, deberá acreditar que o outro proxenitor
non percibe as retribucións ou a prestación económica por coidado de menores
afectados por cancro ou outra doenza grave.
Así mesmo, no caso de que ambos presten servizos no
mesmo órgano ou entidade, esta poderá limitar o seu exercicio simultáneo por
razóns fundadas no correcto funcionamento do servizo.
Para a aplicación deste permiso, a relación de
enfermidades graves será a establecida no Real decreto 1148/2011 (do 29 de
xullo), para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social,
da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra
doenza grave, sen prexuízo dos establecido na súa Disposición final terceira.
O cancro ou doenza grave que padeza o menor, deberá
implicar un ingreso hospitalario de longa duración que requira o seu coidado
directo, continuo e permanente, durante a hospitalización e tratamento
continuado da doenza. Considerase así mesmo, como ingreso hospitalario de longa
duración, a continuación do tratamento médico ou o coidado do menor no
domicilio tras o diagnóstico e hospitalización pola enfermidade grave.
A acreditación de que o menor padece un cancro, así
como a necesidade de coidado directo, continuo ou permanente durante o tempo de
hospitalización e tratamento continuado da enfermidade, efectuarase, e
igualmente naqueles casos na que a atención e diagnóstico do cancro ou doenza
grave leve a cabo polos servizos médicos privados, mediante declaración cuberta
polo facultativo do servizo público de saúde responsable da atención do menor.
Cando o diagnóstico e tratamento do cancro ou enfermidade grave do menor
realícese a través dos servizos médicos privados, esixirase que a declaración
sexa cuberta ademais polo médico do centro responsable da atención do menor.
Cando exista recaída do menor polo cancro ou a
mesma doenza grave, non será necesario que exista un novo ingreso hospitalario,
aínda que a recaída da enfermidade deberá acreditarse a necesidade, trás o
diagnóstico e hospitalización, da continuación do tratamento médico así como do
coidado directo, continuado e permanente do menor polo proxenitor, adoptante ou
acolledor, mediante unha nova declaración médica.
Esta adaptación de xornada concederase por un
período inicial dun ano, prorrogable por períodos de seis meses cando subsista
a necesidade do coidado directo, continuo e permanente do menor, que se
acreditará mediante declaración do facultativo do servizo público de saúde responsable
da asistencia médica ao menor, e como máximo, ata que este cumpra os 18 anos.
O permiso suspenderase nas situacións de
incapacidade temporal, durante os períodos de descanso por maternidade e
paternidade e nos supostos de risco durante o embarazo e, en xeral, cando
concorra calquera causa de suspensión da relación funcionarial do solicitante
Extinguirase polas seguintes circunstancias:
-
Polo
cesamento na redución de xornada, calquera que sexa a causa
-
Por
non existir a necesidade de coidado directo, continuo e permanente, debido á
melloría no estado do menor ou por alta médica por curación
-
Polo
cesamento do outro proxenitor na súa actividade laboral
-
Por
cumprir o menor os 18 anos de idade
Os funcionarios ós que se lles conceda esta
adaptación na súa xornada, teñen a obriga de comunicar calquera circunstancia
que implique a suspensión ou extinción do dereito ó permiso, e o órgano
competente en materia de persoal, poderá levar a cabo as actuacións necesarias
para comprobar que segue cumprindo os requisitos esixidos para a súa concesión.
Os informes médicos o que fai referencia este
artigo presentaranse na Inspección Médica da Deputación
- Reducións e adaptacións de xornada con
diminución proporcional de retribucións
O
persoal funcionario ten dereito á redución da xornada de traballo diaria, coa
diminución proporcional de retribucións que procedan, nos casos e nas
condicións que se determinan a continuación.
A)
Por
razóns de garda legal, cando se exerza o coidado directo dalgún menor de
doce anos, dunha persoa maior que requira especial dedicación ou dunha persoa
con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, concederase unha
redución por horas completas da xornada de traballo diaria cun limite máximo de duración de 4 horas e
mínimo dunha hora, da que se dará conta á Comisión Paritaria Mixta.
B)
Por
coidado directo do cónxuxe ou parella de feito ou dun familiar ata o
segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade,
accidente ou enfermidade, non se poida valer
por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída, concederase unha
redución por horas completas da xornada de traballo diaria, cun límite máximo
de duración de 4 horas e mínimo dunha hora, da que se dará conta á Comisión
Paritaria Mixta.
C)
Os
empregados públicos vítimas de violencia de xénero para facer efectiva a
súa protección ou o seu dereito de asistencia social integral, terán dereito á
redución da xornada con diminución proporcional de retribucións, ou á
reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da
aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de
traballo que sexan aplicables, nos termos e condicións que se estableza en cada
caso a través da Comisión Paritaria Mixta.
D)
Naqueles
casos en que resulte compatible coa natureza do posto desempeñado e cás funcións
do centro de traballo, o persoal que ocupe postos de traballo cuxo nivel de
complemento de destino sexa igual ou inferior ao 28, poderá solicitar ó órgano
competente, o recoñecemento dunha xornada reducida, ininterrompida, das nove ás catorce horas, de luns a venres, percibindo
o 75% das súas retribucións.
E)
O
persoal funcionario de carreira e laboral fixo poderán solicitar
voluntariamente unha redución de xornada por interese particular, coa
correspondente redución proporcional de retribucións. A redución será, como mínimo,
dunha hora e, como máximo, de dúas horas e trinta minutos diarios.
Na solicitude deberá, en todo caso, concretarse a
exacta franxa horaria sobre a cal opera a dita redución, que será valorada polo
órgano competente en materia de persoal co fin de garantir a prestación
eficiente do servizo público e conciliar a concesión desta redución coas
necesidades do servizo debidamente xustificadas.
A concesión da redución de xornada por interese
particular estará sempre subordinada ás necesidades do servizo debidamente
xustificadas e terá unha duración mínima de tres meses e máxima dun ano,
renovable por pedimento da persoa interesada cunha antelación mínima dun mes á
data de finalización.
A concesión da redución de xornada por interese
particular queda automaticamente sen efecto en caso de cambio de posto.
Estas
modalidades de xornada serán incompatibles con outras reducións de xornada previstas
na normativa vixente.
8.4. Xornada
laboral flexible
Entendese por horario flexible o establecemento dun
horario de traballo no ríxido que se adapte ás necesidades dos empregados
públicos dentro duns límites previamente acordados pola Administración,
salvagardando en todo caso as necesidades do servizo
e sempre que as condicións dos centros de traballo o permitan (sistema de
control de presenza, acceso, horario de peche dos edificios ou tipo de xornada).
1.
Modalidades
De acordo co sinalado no apartado anterior, dentro
do horario laboral do persoal establécense dúas modalidades de horario flexible,
cuxa regulación se desenvolve a continuación, distinguindo entre:
-
Flexibilidade automática
-
Flexibilidades por conciliación
2.
Flexibilidade
automática
Os empregados poderán acollerse a esta modalidade de
horario flexible, fora dos supostos de conciliación familiar e laboral que se relacionan
no seguinte apartado sempre e cando resulten cumpridas todas as horas de
traballo aplicables en cómputo mensual e o seu desfrute non afecte as
necesidades do servizo.
Non obstante o sinalado, compre ter en conta as
peculiaridades dos postos de traballo, que en atención ás competencias asumidas
polas unidades e ás necesidades do servizo, teñen asignado un horario especial
(oficinas de rexistro, centros con quendas de traballo ou xornada partida,
horario de tarde, gardas ou similares). Nestes supostos, a propia configuración
da flexibilidade horaria, cunha parte fixa de presenza diaria, resulta
incompatible coa propia configuración do posto de traballo que teña un horario
especial, polo que con carácter xeral, se denegará o seu desfrute.
No suposto de persoal que teña asignada unha xornada
laboral inferior á oficial, denegarase con carácter xeral.
Tamén deberá
terse en conta que, en ningún caso, a súa concesión poderá dar lugar ou
suplirse con contratacións temporais.
Este horario flexible constará de dúas partes:
-
Parte fixa: o horario de presenza obrigatoria diaria
no posto de traballo será de 9:00 a 14:30 horas, de luns a venres.
-
Parte flexible: o tempo restante, hasta completar a
xornada laboral, realizarase en horario flexible de 7:30 a 20:00 horas de luns
a venres.
3.
Solicitude de flexibilidade automática
A persoa interesada deberá cubrir o
modelo de solicitude que figura na intranet corporativa que se deberá imprimir,
asinar e presentar a través do Rexistro Xeral da Deputación.
O Servizo de RRHH será o encargado de
verificar que cumpre os requisitos para acollerse a esta modalidade. No caso de
que non estea adecuadamente cuberta a solicitude deberase requirir a persoa
interesada para que, no prazo de 10 días hábiles, emende a deficiencia detectada.
O tempo máximo de tramitación é de un
mes, contado a partir do seguinte a data de presentación da solicitude ou
emenda no rexistro da Deputación. Transcorrido dito prazo entenderase validada
por silencio administrativo positivo.
A prestación de servizos baixo esta
modalidade de flexibilidade poderá denegarse por necesidades do servizo
debidamente xustificadas, mediante resolución do deputado delegado en materia
de persoal. A súa denegación será susceptible dos correspondentes recursos de
conformidade coa normativa de aplicación.
Así mesmo, cando as necesidades do
servizo debidamente motivadas, así o xustifiquen, a prestación do servizo en
horario flexible poderá ser suspendida temporalmente. A resolución que o
determine deberá especificar o período da suspensión de dito réxime horario e
deberá ser comunicada o empregado cunha antelación mínima de 15 días hábiles.
Para facilitar o cumprimento do horario
nos supostos de conciliación familiar e flexibilidade horaria habilitarase unha
zona destinada a comedor para todo o persoal sempre e cando que existan espazos
dispoñibles nos Centros de traballo.
A prestación
do servizo en horario flexible poderá ser revisada pola concorrencia dalgunha
das seguintes causas:
-
Alteración
substancial das condicións e requisitos que motivaron a resolución
-
Petición
do empregado público
-
Necesidades
do servizo, debidamente motivadas
A
correspondente resolución deberá ser notificada ó empregado cunha antelación
mínima de un mes, a contar dende o día seguinte a presentación da solicitude.
O Servizo de
RRHH comunicará á Xunta de Persoal e o Comité de Empresa a relación de
flexibilidades concedidas, denegadas, as suspensións e ceses da prestación do
servizo en horario flexible.
4.
Flexibilidade
por razóns de conciliación da vida familiar e laboral
Dentro das 7.30 ás 20.00 horas, fixarase en cada
caso, a petición da persoa interesada o horario diario de referencia. A estes
efectos:
-
O horario de obrigada presenza no posto de traballo
será de 9.30 horas a 13.30 horas ou ben de 10,00 horas a 14,00 horas.
-
O resto da xornada laboral diaria completarase en
horario flexible de 7:30 a 20:00 horas de luns a venres.
5.
Supostos
de flexibilidade horaria por conciliación
A condición de que as necesidades do servizo o permitan,
poderase facer uso da flexibilidade horaria nos seguintes supostos dentro.
A.
Fillos, maiores a cargo, persoas con discapacidade, enfermidade grave de
familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.
a)
Os
empregados públicos que teñan ó seu cargo persoas maiores, fillos menores de
12 anos, así como quen teña ó seu cargo directo a un familiar con enfermidade
grave, ou discapacitado, ata o segundo grao de consanguinidade ou
afinidade, terán dereito a flexibilizar nunha hora e media diaria o horario
fixo de xornada que teñan establecida.
b)
Os
empregados públicos que teñan ó seu cargo persoas con discapacidade ata
o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, poderán dispoñer de dúas horas
de flexibilidade horaria diaria sobre o horario fixo que corresponda, a fin de
conciliar os horarios dos centros educativos ordinarios de integración e de
educación especial, dos centros de habilitación e rehabilitación, dos servizos
sociais e centros ocupacionais, así como outros centros específicos onde a
persoa con discapacidade reciba atención, cos horarios dos propios postos de
traballo.
c)
Por
motivos de conciliación da vida laboral e familiar, e cun límite de doce
veces ó ano, cuxo goce non poderá exceder de dúas veces ó mes, os
empregados ou empregadas poderán flexibilizar o cumprimento do seu horario
obrigatorio durante un período máximo de dúas horas, previa autorización do seu
superior e sempre que sexa compatible coa natureza do posto e non afecte ó
normal funcionamento dos servizos.
C. Flexibilidade
horaria por razóns excepcionais
Excepcionalmente, os órganos competentes en materia de persoal, poderán
autorizar, con carácter persoal e temporal, unha ampliación do límite de idade
ata os 16 anos, por motivos directamente relacionados coa conciliación da vida
persoal, familiar e laboral.
D. Inicio graduado
das actividades lectivas de fillos e fillas
Poderase
flexibilizar polo tempo indispensable o horario fixo da xornada diaria para
acomodalo co inicio gradual das actividades lectivas dos fillos e fillas que se
escolarizan por primeira vez en Educación Infantil ou Primaria, sempre que sexa
compatible coa natureza do posto de traballo e coas necesidades do servizo.
E. Xornadas especiais e réxime de quendas
Naqueles centros
ou servizos onde o traballo realícese a quendas, levaranse a cabo as
adaptacións que sexan posibles, sempre que as necesidades do servizo o permitan,
previo informe da Comisión Paritaria Mixta, e sempre que a súa concesión non
supoña a necesidade de contratacións temporais.
F. Incorporación ó servizo tras a finalización dun
tratamento de radioterapia ou quimioterapia
Os
empregados públicos que se incorporen ó servizo efectivo á finalización dun
tratamento de radioterapia ou quimioterapia, poderán solicitar unha
incorporación progresiva da súa xornada de traballo ordinaria.
A
Administración poderá conceder esta adaptación cando a mesma coaxude á plena
recuperación funcional da persoa ou evite situacións de especial dificultade
ou penosidade no desempeño do posto de
traballo.
Esta
adaptación poderá estenderse ata un mes desde al alta médica, e poderá afectar
ata un 25 % da duración da xornada diaria, preferentemente na parte flexible da
mesma, considerándose como tempo de traballo efectivo.
A solicitude
irá acompañada da documentación que aporte o interesado para acreditar a
existencia de esta situación.
G. Flexibilidade por procesos de nulidade,
separación ou divorcio
Poderán solicitala os homes e mulleres que se atopen en procesos de
nulidade, separación ou divorcio, desde a interposición da demanda xudicial ou,
por decisión da persoa interesada, desde a solicitude das medidas provisionais
previas, ata transcorridos tres meses desde a citada demanda, o no seu caso,
desde a citada solicitude.
- Solicitude de
flexibilidade por razóns de conciliación familiar e laboral
Na
intranet corporativa estará dispoñible o modelo de solicitude de flexibilidade
horaria por conciliación, que se deberá cubrir, imprimir, asinar e presentar a
través do Rexistro Xeral.
Ca devandita solicitude acompañarase a
documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos:
- Fillos
ou persoas acollidas menores de 12 anos: fotocopia do libro de familia ou
partida de nacemento.
- Persoas
maiores ou familiares que convivan, que por enfermidade ou avanzada idade
necesiten asistencia doutras persoas:
-
O
grao de parentesco ou relación familiar acreditarase co libro de familia ou
documento que o substitúa, certificación do Rexistro Civil, ou inscrición en
calquera rexistro público que acredite o feito causante
-
Certificado
ou volante de empadroamento que acredite a convivencia familiar
-
Documento
oficial que acredite a necesidade de asistencia do familiar: certificado
médico, certificado expedido polo Organismo competente da Xunta de Galicia ou
na súa falta informe social dos servizos sociais comunitarios municipais
-
No
caso de dependentes discapacitados, ademais da documentación requirida referida
ao grao de parentesco ou convivencia, documentación que acredite a
discapacidade, e informe do centro sociosanitario ou escolar, no caso de
menores
- Homes
e mulleres que se atopen en procesos de nulidade, separación ou divorcio: certificado
do Rexistro Civil acreditativo do matrimonio, e copia cotexada da primeira
folla da demanda xudicial ou da solicitude
de medidas provisionais, na que conste o rexistro do xulgado, o
tipo de proceso xudicial e o nome e apelidos da persoa interesada.
En caso de violencia de xénero, a
situación acreditarase por calquera das seguintes formas:
a)
Denuncia
ante calquera das autoridades competentes.
b)
Certificación
da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia
autentificada pola secretaria ou o secretario xudicial da propia orde de protección
ou da medida cautelar
c)
Sentenza
de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en
calquera das modalidades definidas na presente lei
d)
Certificación
e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da administración pública
autonómica ou local
e)
Certificación
dos servizos de acollida da administración pública autonómica ou local
f)
Informe
do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia
g)
Informe
da Inspección de Traballo e da Seguridade Social
h)
Calquera
outras que se establezan regulamentariamente
As solicitudes serán tramitadas a través
do Servizo de Recursos Humanos e Formación, previo informe do responsable do
servizo ou unidade e conformadas polo/a Deputado/a responsable da área, na que
preste servizos o interesado. En caso de que a solicitude non estea
adecuadamente cuberta, deberase requirir a persoa interesada para no prazo de
10 días hábiles emende a deficiencia detectada.
A resolución desfavorable deberase
motivar adecuadamente e procederá nos seguintes supostos:
-
Cando
non cumpran os requisitos esixidos legalmente
-
Cando
as necesidades do servizo precisen o establecemento dunhas condicións diarias
de presenza obrigatoria e non sexa aceptada a proposta da Administración
-
Pola
dificultade de acceso ó edificio.
A resolución emitirase no prazo máximo de
un mes contado desde a data en que teña entrada a solicitude no Servizo de RRHH
e Formación. Se transcorre o prazo máximo sen que se dite resolución expresa,
as persoas interesadas poderán entender estimadas as súas solicitudes por
silencio administrativo.
A concesión da flexibilidade por
conciliación poderá quedar sen efecto mediante a correspondente resolución pola
concorrencia dalgunha das seguintes causas:
-
Pedimento
do propio traballador
-
Por
desaparecer as causas polas que se solicitou
-
Por
necesidades do servizo debidamente xustificadas
Esta resolución deberá ser notificada a
persoa interesada cunha antelación mínima de 15 días naturais ao da data
efectividade, e comunicada ó Centro onde presta servizos.
Artigo 9. Pausa durante a xornada
O
persoal incluído no ámbito de aplicación deste Acordo terá dereito a unha pausa
de 30 minutos durante a xornada de traballo continuada, computable como de
traballo efectivo. Esta interrupción terá lugar preferentemente entre as 9.30 e
as 12.30 horas en quenda de mañá; entre as 16.30 e as 19.30 en quenda de tarde
e entre as 0.30 e as 5.30 en quenda de noite, salvo que as necesidades do
servizo non permitan estes horarios.
Artigo 10. Xornada de verán
Durante
o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambos os dous incluídos,
poderase establecer unha xornada intensiva de traballo, a razón de seis horas
continuadas, a desenvolver entre as 7.30 e as 15.00, de luns a venres, sendo,
con carácter xeral, a xornada presencial obrigatoria de 9.00 a 14.00 horas,
salvo naqueles centros nos que as circunstancias e mais a organización do
traballo non llelo permitan, caso no que o persoal afectado terá dereito a
acumular esta redución e aproveitala en xornadas laborais completas.
Artigo 11. Traballo nocturno
Considérase
traballo nocturno o efectuado entre as 10.00 da noite e as 8.00 da mañá. Este
realizarase en días alternos, tendo en conta as melloras que contempla este
acordo.
O
persoal que preste servizos en réxime de nocturnidade e turnicidade terá
dereito ó descanso correspondente, unha xornada laboral diúrna por cada sete
noites de traballo realizadas.
Co
condicionante de que a reorganización do traballo e a remodelación das quendas
non implique un incremento do cadro de persoal a realización de traballos en
quenda de noite terá carácter voluntario para todo o persoal unha vez que estes
cumpran 55 anos de idade, para o cal deberán manifestar a súa opción, cando
menos con dous meses de antelación, e terán que permanecer nesta situación por
un tempo mínimo dun ano.
Artigo 12. Absentismo
A
Deputación de Pontevedra potenciará os instrumentos de control e de redución do
absentismo laboral adoptando, entre outras, medidas de mellora dos sistemas de
medición e de seguimento, realizando os estudos necesarios sobre as súas causas
que deberá debater a Comisión Paritaria Mixta por se fose necesario acollerse
ás medidas tendentes á súa redución.
Artigo 13. Xustificación
de ausencias non superiores a tres días
1.
Os empregados públicos deberán rexistrar no sistema de control horario do seu centro
de traballo todas as entradas e saídas correspondentes á súa modalidade de xornada.
2.
Igualmente, as ausencias, as faltas de puntualidade e de permanencia do persoal
no seu posto de traballo, calquera que sexa a súa causa, deberán ser rexistradas
polos empregados públicos que incorran nelas no sistema de control horario que
debe existir en cada centro.
Estas
ausencias requirirán o aviso inmediato ó responsable do servizo ou unidade ó
que pertenza e a súa posterior xustificación acreditativa. Esta xustificación
trasladarase, de xeito inmediato, ó Servizo de Recursos Humanos.
3.
A ausencia parcial ó posto de traballo como consecuencia da asistencia á
consulta, proba ou tratamento médico considerarase como tempo de traballo
efectivo, sempre que se limite ó tempo necesario e se xustifique
documentalmente a súa asistencia perante o Servizo de Recursos Humanos,
indicando a hora da cita.
4.
Nos supostos de ausencia durante a totalidade da xornada diaria por causa de doenza
ou accidente sen que se expedise parte médico de baixa deberá avisarse desta
circunstancia, de maneira inmediata, ó superior xerárquico e ó Servizo de
Recursos Humanos, e comportará, no seu caso, unha redución do 50% de retribucións
previstas para os tres primeiros días de ausencia por incapacidade temporal. De
non xustificarse aplicarase a dedución proporcional de retribucións.
En
todo caso, unha vez reincorporado o empregado público ó seu posto deberá xustificar
inmediatamente, perante o Servizo de Recursos Humanos, a concorrencia da causa
da doenza para poder levar un control dos días de ausencia.
Co
fin de evitar desprazamentos este xustificante entregaráselle ó responsable do
servizo ou unidade, quen á súa vez deberá presentalo no Servizo de Recursos
Humanos coa maior brevidade posible.
5.
O desconto en nómina regulado no punto anterior non será de aplicación a seis
días de
ausencias ó longo do ano natural, das cales só tres poderán ter lugar en días
consecutivos, sempre que estean motivados por doenzas ou accidente e non dean
lugar a incapacidade temporal.
6.
Cando se incumpra a obriga de presentar en prazo os xustificantes de ausencia
aplicarase o previsto para as ausencias non xustificadas ó traballo na
normativa reguladora da dedución proporcional de haberes.
Artigo
13 bis. Control e seguimento da
xornada e do horario de traballo
1.
Os responsables das unidades administrativas esixirán a xustificación oportuna
de todas as ausencias e non autorizarán, dentro da xornada laboral, aquelas
ausencias para asuntos que poidan realizarse fóra da xornada de traballo, salvo
as que correspondan ó cumprimento dun deber inescusable.
2.
A parte de xornada non realizada sen causa xustificada dará lugar á dedución
proporcional de haberes, dentro dos 3 meses seguintes á ausencia, sen prexuízo
das medidas disciplinarias que puidesen, ademais, adoptarse no seu caso.
3.
O Servizo de Recursos Humanos realizará mensualmente o seguimento tanto das
ausencias non xustificadas coma das correspondentes deducións proporcionais de
haberes.
CAPÍTULO
II. VACACIÓNS
Artigo 14. Vacacións
1.
As vacacións anuais retribuídas do persoal funcionario serán de vinte e dous
días hábiles ou os días que lles correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo
durante o ano fose menor (redondeándose á alza +0,5 a favor do interesado),
debendo collerse de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o trinta
un de xaneiro do ano seguinte, en períodos mínimos de cinco días hábiles
consecutivos, sempre que os correspondentes períodos das vacacións sexan
compatibles coas necesidades do servizo.
Aqueles
funcionarios cunha antigüidade na Administración de 15, 20, 25, 30 ou máis anos
completos, terán dereito aos seguintes días de vacacións anuais:
-
Quince
anos de servizo 23 días hábiles
-
Vinte
anos de servizo 24
días hábiles
-
Vinte
e cinco anos de servizo 25
días hábiles
-
Trinta
ou máis anos de servizo 26
días hábiles
Os
ditos días de vacacións poderanse gozar desde o día seguinte ao do cumprimento
dos correspondentes anos de servizo.
2.
Para estes efectos, non se considerarán como días hábiles os sábados, sen
prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais. Non
obstante, para o persoal que traballe a quendas, considéranse inhábiles os días
de descanso semanal obrigatorio e os festivos que o traballador teña asignados
nas táboas ou cadros horarios pendentes de gozar.
3. Sempre que as necesidades do servizo o permitan,
os días de vacacións poderán solicitarse de xeito independente de ata seis días hábiles por ano natural.
4. Así mesmo, ao persoal que
proceda da situación de servizos
especiais/excedencia forzosa e da situación de servizo noutras administracións
públicas, unha vez que se produza o reingreso ao servizo activo,
recoñeceránselle os días de asuntos particulares relativos ao tempo
efectivamente traballado en ambas as situacións e que non fosen gozados. Para
estes efectos, deberán acreditarse os días de asuntos particulares de que, de
ser o caso, gozou durante as ditas situación
5.
Antes do día 1 de abril de cada ano todos os servizos e centros dependentes da
Deputación elaborarán o seu cadro de vacacións, que se lle deberá remitir ó
Servizo de Recursos Humanos, sen prexuízo da obriga do funcionario presentar a
súa solicitude a través do Portal do empregado para que a aprobe o deputado
delegado de Persoal. Con carácter xeral,
polo menos a metade das vacacións deberá ser gozada preferentemente entre os
días 1 de xuño e 30 de setembro.
Calquera
variación do cadro deberá de se comunicar cun mes de antelación, excepto nos
casos de urxencias excepcionais. O cadro de vacacións exporase en cadanseu
servizo e centro.
En
todo caso, o persoal poderá coñecer, cando menos con dous meses de antelación,
a data das súas vacacións. No suposto de que isto resulte imposible por mor das
quendas ou das necesidades do servizo debidamente acreditadas e xustificadas
saberano cunha antelación mínima dun mes, co obxecto de que poidan organizar o
exercicio deste dereito.
6.
As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, nin en todo nin en parte,
excepto cando durante o transcurso do ano se produza a extinción da relación
funcionarial, sexa declarado en situación de excedencia ou de suspensión de
funcións e aínda non fixese uso ou completase na súa totalidade o seu período
de vacacións.
7.
O período das vacacións poderá ser interrompido voluntariamente se as
necesidades do servizo así o esixisen cando mediasen circunstancias de carácter
extraordinario. En tal caso, o afectado, unha vez restablecida a situación,
conservará o seu dereito a completalo aínda que teña rematado o ano natural ó
que correspondan.
O
período de vacacións programado e aprobado por resolución presidencial non
poderá ser modificado ou alterado salvo que existan causas debidamente
motivadas e xustificadas.
8. Cando o período de vacacións previamente fixado
ou autorizado, e que aínda non se iniciase, poida coincidir no tempo cunha
situación de incapacidade temporal, risco durante a lactancia, risco durante o
embarazo ou cos permisos de maternidade ou paternidade ou permiso acumulado de lactancia,
poderase gozar en data distinta.
9. O persoal funcionario e o persoal laboral que se
atopen na situación de incapacidade temporal con anterioridade ao comezo das
vacacións poderán gozar as ditas vacacións mesmo máis alá do 31 de xaneiro do
ano seguinte, sempre que a situación de baixa non permita o seu gozo con
anterioridade ao remate do ano natural. En todo caso, as vacacións terán que
gozarse a partir da situación de alta, sempre que non transcorresen máis de
dezaoito meses a partir do final do ano en que se orixinasen as ditas vacacións.
10. Recoñécese o dereito á elección do
período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia de elección
dos seguintes:
-
Mulleres e homes con fillas ou fillos
menores de doce anos
-
Mulleres e homes con fillos ou fillas
menores de dezaseis anos por motivos directamente relacionados coa conciliación
persoal, familiar ou laboral
-
Persoas maiores dependentes ao seu
coidado directo.
Dentro deste grupo terán prioridade as
persoas que reúnan a condición de persoa proxenitora de familia numerosa e familia monoparental así como
cando por Convenio Regulador ou Sentenza se establezan as quendas de vacacións
nos casos de separación ou divorcio. Para estes efectos a dependencia
acreditarase, de non constar no expediente persoal do interesado, presentado:
-
Certificado de empadroamento que
acredite a convivencia co familiar, e
-
Documento oficial que acredite a
necesidade de asistencia do familiar: certificado médico ou informe de saúde,
certificado expedido pola consellería competente en materia de política social
ou, na súa falta, informe social dos servizos sociais comunitarios municipais.
No caso de que haxa varios beneficiarios
con preferencia de elección, elixirá o de máis antigüidade na Administración,
debendo establecerse un ciclo rotativo entre todos os traballadores da unidade administrativa
afectada.
No caso de que os empregados dunha
unidade administrativa en que ningún deles teña preferencia de elección
soliciten o mesmo período vacacional, elixirá o de máis antigüidade na
Administración, debendo establecerse un ciclo rotativo entre todos os
empregados da unidade administrativa afectada.
11. Se durante as vacacións sobreviñese o permiso
de maternidade ou paternidade, ou unha situación de incapacidade temporal,
estas quedarán interrompidas podendo gozarse o tempo que reste noutra data
distinta. No caso de que a duración destes permisos ou de que esta situación
impida gozar do período de vacacións dentro do ano natural ó que corresponda, poderase
gozar no ano natural posterior.
12. Cando estea en previsión o peche das
instalacións debido á inactividade estacional de determinados servizos públicos
os períodos de gozo das vacacións coincidirán na franxa temporal de peche,
salvo que as necesidades do servizo permitan o seu gozo noutro período.
13.
Nos servizos ou centros nos que poida producirse colisión de intereses respecto
ó período de vacacións organizaranse as quendas de xeito rotatorio.
14. Cando se produza o cesamento do persoal
interino antes de completar o ano e sen poder gozar das vacacións por
necesidades do servizo, terá dereito ó aboamento da parte proporcional das súas
vacacións, a non ser que a causa do cesamento veña motivada pola adquisición da
condición de funcionario de carreira ou persoal laboral desta Deputación. Neste
caso computaranse os servizos prestados como persoal interino para os efectos
do cómputo do período de vacacións.
15. Para
garantir a continuidade asistencial e unha correcta prestación dos servizos
públicos, como regra xeral para o persoal a quendas o número máximo de
solicitudes de vacacións autorizables será da metade das presenzas de cada
Servizo ou Unidade durante o período de verán e dun terzo durante o período de
Nadal.
CAPÍTULO III. PERMISOS E LICENZAS
Artigo 15. Permisos
1.
Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento establécese o
seguinte réxime de permisos.
A.Permisos
retribuídos.
1)
Por falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou
intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario do cónxuxe ou
parella de feito ou dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou
afinidade, o persoal funcionario terá dereito a un permiso de tres días hábiles
(3) se o suceso prodúcese na mesma localidade ou de cinco (5) se se produce en
distinta localidade.
Para os mesmos supostos, cando se trate dun
familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o persoal
funcionario terá dereito a un permiso de dous días hábiles (2) se o suceso
prodúcese na mesma localidade e de catro (4) se se produce en distinta
localidade.
Non se considerarán como días hábiles os sábados,
sen prexuízo das adaptacións que se
establezan para as xornadas especiais de traballo, e tomarase como referencia
para o cómputo dos prazos, na mesma ou distinta localidade, o lugar de
residencia habitual do funcionario que conste na base de datos do Servizo de
Recursos Humanos e Formación.
Se durante o goce de accidente ou enfermidade
graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización dun
familiar sobrevén o falecemento deste, suspenderase o permiso que viña gozando
e iniciarase o cómputo do permiso por falecemento.
No caso de intervención cirúrxica sen
hospitalización que requira repouso domiciliario, será a localidade na que se
realice o repouso domiciliario a que debe tomarse como referencia con respecto
ó termo municipal de residencia da persoa funcionaria.
Se os días de repouso domiciliario son inferiores ó
tempo máximo deste permiso, este quedará limitado ós días que se determinen por
prescrición facultativa.
Nos casos de falecemento, os días nos que se faga
uso deste permiso deberán de ser consecutivos e inmediatamente posteriores ó
feito causante.
Nos demais casos, poderá facerse uso dos días de
forma descontinua mentres persista o feito causante e ata o máximo de días
establecido, co seu correspondente xustificante.
Computarase o día do falecemento, accidente ou
enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen
hospitalización cando o funcionario non preste servizos ese día e
correspondéselle prestalos.
2)
Por traslado de domicilio habitual, un día (1) laborable se o
traslado prodúcese na mesma localidade e
dous (2) días laborables consecutivos, se implica cambio de residencia a outra
localidade.
Se a unidade familiar está integrada por dúas ou
máis persoas, a duración do permiso será de dous (2) días laborables
consecutivos se ten lugar dentro da mesma localidade e de catro (4) días laborables consecutivos se implica
cambio de residencia a outra localidade.
O permiso entenderase referido ó día en que se produza o traslado de
domicilio, na localidade de residencia.
3)
Para a realización de funcións sindicais, formación sindical ou de representación do
persoal. O persoal funcionario terá dereito ós permisos necesarios nos termos
que se establece legalmente.
4)
Por concorrer a exames finais,
probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público
o persoal funcionario terá dereito ós días da súa realización.
Para os efectos deste permiso, enténdese
por “exames finais ou outras probas definitivas de aptitude” aquelas tendentes
á obtención dun título académico ou profesional.
Non están incluídos neste permiso as
probas que se fan nos cursos de formación do persoal, que terán a consideración
de ausencia xustificada polo tempo necesario para a súa realización.
No caso de que se trate de probas
selectivas no ámbito do emprego público e estas se realicen fóra da Comunidade
Autónoma de Galicia, poderá facilitarse, ademais, o tempo indispensable para o
desprazamento. O órgano de persoal competente valorará as circunstancias do
caso concreto.
5)
Por lactancia dun fillo menor de doce meses.
1. O persoal funcionario ten dereito a ausentarse
do posto de traballo durante unha hora diaria, que se poderá dividir en dúas
fraccións de media hora ou ben nunha redución da xornada de traballo diaria
nunha hora, que a elección da persoa titular do dereito pode aplicarse ó comezo ou ó final da xornada, ou dividirse
en dúas fraccións de media hora que se aplicarán ó comezo ou ó final da xornada.
O tempo correspondente a este permiso pode
acumularse total ou parcialmente en xornadas completas e facerse uso del en
calquera momento despois da finalización do período de duración do permiso por
parto, adopción ou acollemento.
Cando se goce o permiso acumulándoo total ou
parcialmente en xornadas completas, a súa duración será dun total de 150 horas
(4 semanas) que deberán gozarse en ambos os casos ata que o fillo/a alcance os
12 meses; no caso de adopción ou acollemento poderá exercerse durante o ano seguinte á efectividade da resolución
xudicial ou administrativa sempre que no momento desa efectividade o menor non
teña cumpridos os doce meses.
Cando os dous proxenitores traballen, este dereito
pode ser exercido indistintamente por calquera deles ou ratearse a súa
duración.
Nos supostos de parto, adopción ou acollemento
múltiple, a duración do permiso incrementarase en proporción ó número de
fillos.
2. O persoal funcionario interino tamén poderá
gozar deste permiso nas mesmas condicións que o persoal funcionario de carreira
sempre que se contemple que o seu nomeamento vaise a estender no tempo ata os
doce meses do fillo.
6)
Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban de permanecer hospitalizados a
continuación do parto, o persoal funcionario terá dereito a ausentarse do posto
de traballo durante un máximo de dúas horas diarias mentres dure o período de
hospitalización, coa percepción íntegra das súas retribucións.
Así mesmo, e nestes casos, o persoal funcionario ten dereito a
unha redución por horas completas da súa xornada de traballo diaria de ata un
máximo de dúas horas, coa diminución proporcional das súas retribucións.
7)
Para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto. As funcionarias
embarazadas teñen dereito ós permisos necesarios para a realización de exames
prenatais e técnicas de preparación ó parto. Así mesmo, o persoal funcionario
ten dereito ós permisos necesarios para acompañar ó cónxuxe ou parella de feito
á realización destes exames e técnicas de preparación ó parto.
8)
Para a realización de tratamentos de fecundación asistida. O tempo preciso para a práctica destes tratamentos,
e a súa concesión estará condicionada á xustificación previa da súa necesidade
dentro da xornada de traballo. Se a necesidade do desprazamento para recibir o
tratamento o xustifica, a duración do permiso será de dous (2) días hábiles.
Así mesmo, o persoal funcionario ten dereito ós
permisos necesarios para acompañar ó cónxuxe ou parella de feito á realización
dos tratamentos de fecundación asistida, nos termos establecidos para este
permiso.
9)
Por accidente ou enfermidade moi graves do cónxuxe ou parella de feito ou dun
familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade. O persoal funcionario ten dereito a un permiso para
atender ó coidado destas persoas cunha duración máxima de trinta (30) días
naturais.
Cada accidente ou enfermidade xera o dereito a un
único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días naturais, poderase
empregar dunha forma separada ou acumulada.
10)
Para o cumprimento de deberes inescusables de carácter
público ou persoal. O persoal funcionario ten dereito ós permisos necesarios,
cuxa duración se limitará ó tempo indispensable para o cumprimento dos deberes
que o xustifican.
Considéranse deberes inescusables de carácter
público e persoal a título enunciativo e non taxativo os seguintes:
a) Comparecencia obrigatoria por citacións instadas
por órganos xudiciais, comisarías ou calquera outro organismo oficial
b) Cumprimento de deberes cidadáns derivados dun
proceso electoral
c) Asistencia a reunións dos órganos de goberno e
comisións dependentes dos mesmos cando deriven estritamente do cargo electivo
de concelleira ou concelleiro, así como de deputada ou deputado, ou senadora ou
senador
d) Asistencia como membro ás sesións dun tribunal
de selección ou provisión, con nomeamento da autoridade competente
e) Obrigacións cuxo incumprimento xeren ó
interesado unha responsabilidade de orde civil, penal ou administrativa
f) Expedición ou renovación de DNI, pasaporte,
carné de conducir e demais xestións ante organismos oficiais
g) Para asistir a reunións de coordinación ordinaria
con finalidades psicopedagóxicas no centro de educación especial ou de atención
precoz onde reciba tratamento o fillo ou a filla con discapacidade, ou ben para
acompañalo se ten que recibir apoio adicional no ámbito sanitario, polo tempo
indispensable para levar a cabo estas actuacións
h) Asistir a reunións en centros docentes relativos
a titorías
i) Saír a buscar ao fillo ou filla ou persoas
maiores ou discapacitadas psíquicas, físicas ou sensoriais ata o segundo grao
de consanguinidade ou de afinidade, ó recibir aviso do centro docente ou centro
de día, para ir a buscalos por motivo de enfermidade ou outro motivo
xustificado
j) O emprego do tempo necesario para facer unha
doazón de sangue, medula ou plaquetas, de acordo co disposto no RD 1088/2005,
do 16 de setembro
k) Asistencia de deportistas de alto nivel a competicións
de carácter internacional, así como ás concentracións preparatorias destas, de
acordo co disposto no RD 971/2007, do 13 de xullo
10
bis) Para o cumprimento de deberes relacionados coa conciliación da vida
familiar ou laboral e asistencia a consultas e revisións médicas
1. As ausencias do
persoal en que se aleguen causas de enfermidade, accidente e/ou incapacidade
temporal requirirán o aviso inmediato ao Xefe do Servizo ou superior xerárquico
directo e ao Servizo de RRHH así como o súa ulterior xustificación nos termos
fixados nos apartados seguintes.
2. O persoal
ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo durante o tempo
indispensable para a asistencia a consultas e revisións médicas, sempre que
estas débanse realizar durante a xornada laboral e atópense incluídas na
carteira de servizos do sistema sanitario público e privado.
3. O persoal funcionario ten dereito a ausentarse
do seu posto de traballo para acompañar ás revisións médicas ó cónxuxe ou
parella de feito, ós fillos e ás persoas
maiores ó seu cargo, cando deban realizarse dentro da xornada laboral, “polo
tempo indispensable”.
Se a consulta prodúcese fóra da Comunidade
Autónoma, concederase ademais un día (1) natural para o desplazamiento.
4.
Así mesmo, terase dereito “ao tempo indispensable” para acompañar a
persoas maiores ou discapacitadas psíquicas, físicas ou sensoriais ata o
segundo grao de consanguinidade ou de afinidade, que estean ao seu cargo por
motivos de consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico e consultas de
apoio en centros do ámbito sociosanitario.
5.
Nos casos de ausencia ao posto de traballo como consecuencia da asistencia a
consultas, probas ou tratamentos médicos, devandito período de tempo
considerarase como de traballo efectivo, sempre que a ausencia limítese ao
tempo necesario, e sexa xustificada documentalmente a asistencia e hora da cita
no Servizo de RRHH.
6.
Os casos de ausencia durante toda a xornada xustificaranse documentalmente ante
o Servizo de RRHH mediante informe de Inspección médica ou xustificante médico.
7.
A ausencia ao posto de traballo durante a xornada considerarase xustificada
mediante informe de Inspección médica cando, unha vez iniciada a xornada de
traballo, prodúzase unha enfermidade sobrevinda que motive que non se complete
a xornada iniciada.
8.
En caso de intervención médica invasiva ou cirurxía que non xere incapacidade
temporal e ocasione a ausencia dun día, entenderase xustificada a ausencia
durante todo o día, aínda que non se acudiu a traballar, coa presentación do
informe de Inspección médica ou xustificante médico que indique que se produciu
a citada actuación. Do mesmo xeito procederase nos tratamentos de hospital de
día. Ditas intervencións poderán xustificar a ausencia de días previos ou
posteriores sempre que traian causa directa das mesmas.
9.
En calquera caso, as ausencias por consultas ou revisións que se xustifiquen mediante
informes médicos da Seguridade Social deberán de presentarse perante a
Inspección médica da Deputación, quen dará traslado da correspondente
xustificación ó Servizo de Recursos Humanos da Deputación.
11) Por asuntos particulares, sen necesidade de xustificación, os días
previstos na lexislación básica do Estado
seis (6) días ó ano máis dous días adicionais ó cumprir o sexto
trienio, incrementándose, como máximo nun día adicional por cada trienio
cumprido a partir do oitavo.
A concesión deste permiso quedará supeditada ás
necesidades do servizo.
Se o tempo de servizo fose inferior ó ano natural, ratearase
en función do tempo traballado, redondeándose á alza (+0,5) a favor do persoal
solicitante.
Os días de asuntos particulares non poderán
acumularse ós períodos de vacacións anuais e o persoal poderá distribuílos á
súa conveniencia, previa autorización dos seus superiores e respectando sempre
as necesidades do servizo.
Os días de asuntos particulares poderán acumularse aos
días de vacacións que se podan gozar de forma independente (6 días hábiles).
Así mesmo, con carácter excepcional e
condicionado ás necesidades do servizo, tamén se poderán acumular todos os días
de asuntos particulares á totalidade das vacacións anuais
Cando por esta razón non sexa posible gozar deste
permiso antes da finalización do mes de decembro, poderá concederse ata o 31 de
xaneiro do ano seguinte.
Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as
oficinas públicas, agás o servizo de Rexistro Xeral.
Os calendarios laborais incorporarán dous días
adicionais de asuntos particulares cando os días 24 e 31 de decembro coincidan
en festivo, sábado ou día non laborable. Cando nas citadas oficinas os días 24
e 31 de decembro coincidan en sábado ou domingo, terase dereito a dous días
adicionais de asuntos particulares. Non obstante o persoal que traballe os días
24 e 31 de decembro poderá gozar dun día adicional de asuntos particulares por
cada día traballado.
Incorporarase un día adicional de asuntos
particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de
carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma,
cando coincidan en sábado ese ano.
No caso de que o empregado público solicitase o
goce dun día ou días de asuntos particulares e sobreveña unha incapacidade temporal,
este quedará anulado.
12)
Por matrimonio ou unión de feito. O persoal funcionario ten dereito a un permiso retribuído de quince (15)
días naturais ininterrompidos, con plenitude de dereitos económicos a gozar nas
datas que elixa o traballador, e deberá gozarse dentro do ano natural, e
excepcionalmente no mes de xaneiro do ano seguinte se o feito causante
prodúcese no mes de decembro.
Poderá acumularse ó período vacacional anual.
No caso de celebración de matrimonio en sede civil
e/ou relixiosa, separada no tempo, este permiso só se gozará unha soa vez.
Os conviventes que gocen deste permiso por “Unión
de feito” e que con posterioridade contraian matrimonio, non terán dereito a
gozar dun novo permiso por esta causa.
13)
Para formación militar dos reservistas voluntarios ou dos aspirantes a tal
condición: o persoal que
teña a condición de reservista voluntario ou aspire a adquirir tal condición
ten dereito ós permisos necesarios retribuídos para a realización da formación
militar, básica e específica, e de formación continuada previstos na
lexislación militar.
B.
Permisos por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral
1) As funcionarias en estado de xestación poderán
gozar dun permiso retribuído, a partir da semana 37 de embarazo ata a data do
parto. No suposto de xestación múltiple, este permiso poderá iniciarse o
primeiro día da semana 35 de embarazo, ata a data do parto.
2)
Permiso por parto. Nos casos de parto, a nai funcionaria ten dereito a un
permiso retribuído de 16 semanas ininterrompidas, que se distribuirán á
elección da persoa titular do dereito, sempre que 6 semanas sexan
inmediatamente posteriores ao parto.
Non obstante a duración deste permiso alcanzará as
18 semanas de forma progresiva tal e como se sinala a continuación:
-
17
semanas no caso de nacementos que se produzan no 2016
-
18
semanas no caso de nacementos que se produzan no 2017 e sucesivos
A duración deste permiso ampliarase nos casos e
polos períodos que se determinan a continuación:
-
Discapacidade
do fillo, 2 semanas máis
-
Partos
múltiples, 2 semanas máis por cada fillo a partir do segundo
-
Partos
prematuros ou aqueles en os cales, por calquera outra causa, o neonato deba
permanecer hospitalizado a continuación do parto, tantos días como o neonato
atópese hospitalizado, ata un máximo de 13 semanas adicionais
Cando os dous proxenitores traballen, a nai poderá
optar porque o outro proxenitor faga uso dunha parte determinada e
ininterrompida do período de permiso posterior ó parto, de forma simultánea ou
sucesiva ó da nai, sen que nos casos de aproveitamento simultáneo a suma dos
períodos de duración do permiso poidan exceder dos límites establecidos neste
artigo. O outro proxenitor poderá seguir facendo uso do permiso por parto,
aínda cando no momento previsto para a incorporación da nai ó traballo esta
atópese en situación de incapacidade temporal.
No caso de falecemento da nai, o exercicio do
dereito ó permiso previsto neste artigo corresponderá ó outro proxenitor,
descontándose, de ser o caso, o período de duración do permiso consumido pola
nai falecida.
Este permiso poderá gozarse a xornada completa ou a
tempo parcial, cando as necesidades do servizo permítano, nos termos que se
establezan legalmente.
Durante o tempo de duración deste permiso, o
persoal funcionario poderá participar nos cursos de formación que convoque a administración
pública.
3)
Por adopción, por garda con fins de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo
como permanente ou simple.
O persoal funcionario ten dereito a un permiso retribuído de 16 semanas
ininterrompidas, do que se fará uso, por elección da persoa titular do dereito,
en calquera momento posterior á efectividade da resolución xudicial pola que se
constitúa a adopción ou a efectividade da decisión administrativa ou xudicial
de acollemento, sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a
varios períodos de aproveitamento deste permiso.
Con todo, a duración deste permiso alcanzará as 18
semanas de forma progresiva tal e como se sinala a continuación:
-
17
semanas no caso de adopcións ou acollementos que se produzan no 2016
-
18
semanas no caso de adopcións ou acollementos que se produzan no 2017 e
sucesivos
A duración deste permiso ampliarase nos casos e
polos períodos que se determinan a continuación:
-
Discapacidade
do menor adoptado ou acollido, 2 semanas máis
-
Adopción
ou acollemento múltiples, 2 semanas máis por cada menor a partir do segundo
Cando os dous proxenitores traballen, o período de
duración do permiso distribuirase a elección de ambos, que poderán facer uso do
permiso de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos e
sen que nos casos de aproveitamento simultáneo a suma dos períodos de duración
do permiso poidan exceder os límites establecidos para este permiso.
Este permiso poderá gozarse a xornada completa ou a
tempo parcial, cando as necesidades do servizo permítano, nos termos que se
establezan legalmente.
Durante o tempo de duración deste permiso, o
persoal funcionario poderá participar nos cursos de formación que convoque a administración
pública.
Os supostos previstos neste apartado son os que se
establecen na normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo
ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano.
4)
Adopción ou acollemento internacional. O persoal funcionario ten dereito, se fose
necesario ó desprazamento previo ó país de orixe do menor, a un permiso de ata
tres meses de duración, fraccionables a elección da persoa titular do dereito,
e durante os cales se percibirán exclusivamente as retribucións básicas.
O permiso pode iniciarse ata catro (4) semanas
antes da efectividade da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción
ou da efectividade da decisión administrativa ou xudicial de acollemento.
5)
Por nacemento, acollemento ou adopción
dun fillo, o outro proxenitor, persoal funcionario, que non estea a gozar do permiso por parto ou por
adopción ou acollemento previstos legalmente, ten dereito a un permiso
retribuído de vinte e nove (29) días naturais de duración, a gozar a partir da
data de nacemento, da efectividade da decisión administrativa ou xudicial de
acollemento ou da efectividade da resolución xudicial pola que se constitúe a
adopción.
Nos casos de parto, adopción ou acollemento
múltiple, a duración deste permiso incrementarase nunha semana máis.
Este permiso é independente do uso compartido do
permiso por parto ou por adopción ou acollemento, e poderase gozar a
continuación nos seguintes supostos:
-
Cando
a persoa titular do dereito falecese antes da utilización íntegra do permiso
-
Se
a filiación do outro proxenitor non está determinada
-
Cando
na resolución xudicial ditada en proceso
de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso,
recoñecéseselle á persoa que estea a gozar da garda do fillo ou filla.
6)
Garantía de dereitos.
O período de duración dos permisos recolleitos nos
apartados anteriores, do 1 ó 5, computarase como de servizo efectivo para todos
os efectos.
Os funcionarios que fixesen uso do permiso por
parto ou maternidade, paternidade, adopción, garda con fins de adopción ou
acollemento tanto temporal como permanente, terán dereito, unha vez finalizado
o período de permiso, a reintegrase ó seu posto de traballo en termos e
condicións que non lles resulten menos favorables ó gozar do permiso, así como
a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen
ter dereito durante a súa ausencia.
Garántase a plenitude de dereitos económicos do
persoal funcionario durante o período de vixencia do permiso e, no seu caso,
durante os períodos posteriores ó gozo deste naqueles casos nos que o dereito a
percibir algún concepto retributivo se determina en función do tempo de gozo do
permiso.
7)
Permiso por razón de violencia de xénero. As faltas de asistencia das persoas funcionarias
vítimas de violencia de xénero, total ou parcial, terán a consideración de
xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos
sociais de atención ou de saúde segundo proceda.
8)
Para facer efectivo o seu dereito á protección e á asistencia social integral,
os funcionarios que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da
actividade terrorista,
o seu cónxuxe ou persoa con análoga relación de afectividade, e os fillos dos
feridos ou falecidos, sempre que ostenten a condición de funcionarios e de
vítimas do terrorismo de acordo coa lexislación vixente, así como os
funcionarios ameazados nos termos do art. 5 da Lei 29/2011, do 22 de setembro,
terán dereito a unha redución de xornada con diminución proporcional de
retribución, ou a reordenación do tempo de traballo a través da adaptación do
horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do
tempo de traballo que sexan aplicables.
Artigo
15 bis B. Solicitudes
Os
permisos solicitaranse a través do portal do empregado con cando menos 72 horas
de antelación, agás nos casos de urxencia ou imposibilidade para poderen
acceder ó sistema, así como en supostos moi específicos previstos nestes
artigos e non contemplados no portal do empregado. Os supervisores validarán
estas ausencias cando os interesados acheguen os correspondentes xustificantes,
que para cada suposto se detallan no anexo.
Estas
solicitudes deberán resolverse, cando menos, con 24 horas de antelación ó día
solicitado.
Artigo 15 bis C. Definicións
Para os efectos do disposto en
materia de permisos e licenzas, enténdese por:
a)
Familiar de primeiro grao por consanguinidade e afinidade
e familiar de segundo grao por consanguinidade ou afinidade, os cales se
reflicten no seguinte cadro:
Graos
|
Titular/cónxuxe
ou parella de feito
|
|||
1º
|
Nai/pai
|
Sogra/sogro
|
Filla/fillo
|
Nora/xenro
|
2º
|
Avoa/avó
|
Irmá/irmán
|
Cuñada/cuñado
|
Neta/neto
|
Enténdese
asimilado ó fillo o menor en acollemento preadoptivo, acollemento familiar
permanente ou acollemento familiar simple de duración superior a un ano. Así
mesmo, enténdese asimilado a familiar de primeiro grao o cónxuxe ou parella de
feito.
b) Parella
de feito: é a que respecto da persoa de referencia mantén unha relación que
pode acreditar a través da inscrición nun rexistro público oficial de parellas
de feito.
c) Requirir
especial dedicación: supón que é preciso que o suxeito reciba tratamento,
atención, coidados ou asistencia continuada por terceiras persoas debido a
problemas de saúde, entendida esta última como benestar físico, psíquico e
social.
d)
Convivencia: relación baseada na cohabitación no mesmo domicilio.
e) Ter ó seu
cargo: relación de dependencia que non implica convivencia.
f) Coidado
directo: relación de dependencia que implica convivencia.
g) Doenza
moi grave: considérase como tal aquela que con este carácter determine o
facultativo no correspondente informe médico ou a Inspección médica da
Deputación.
h) Doenza
grave: considérase como tal a hospitalización por máis dun día ou intervención
cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario para o seu restablecemento
ou curación ou cando así o determine o informe médico.
i)
Localidade: enténdese por tal o domicilio de residencia do empregado que figure
na base datos do Servizo de Recursos Humanos.
Artigo 15 bis D. Servizo
activo
O gozo de
vacacións, permisos e licenzas non altera a situación de servizo activo sendo
de aplicación o réxime de incompatibilidades previsto na correspondente
normativa.
Artigo
16.- Licenzas
1)
Nos supostos de risco durante o embarazo, previstos na lexislación de prevención de riscos
laborais vixente, ou nos casos de risco
durante o período de lactacia natural do fillo menor de 12 meses, e non
sexa posible a adaptación das condicións de traballo, ou esta non elimine o
risco, nin sexa posible o cambio de posto de traballo ou de funcións, a
funcionaria terá dereito a unha licenza, con plenitude de dereitos económicos,
durante o tempo necesario para a protección da súa saúde, a do feto ou do fillo
menor de doce meses.
Nestes casos, a Administración completará ata o
cento por cento a base reguladora do subsidio económico correspondente,
recoñecéndoo aínda cando o persoal funcionario non reúna os requisitos para
acceder a el.
2)
Os funcionarios terán dereito a unha licenza por asuntos propios sen
retribución, cunha duración que acumulada, non excederá de tres meses cada
dous anos de prestación de servizos efectivos. A súa concesión estará
subordinada ás necesidades do servizo.
A súa
concesión farase de acordo cos seguintes criterios:
-
A
concesión desta licenza está subordinada ás necesidades do servizo e terá a
duración que solicite o persoal funcionario. Non obstante, a incorporación ó
centro de traballo producirase, en todo caso, nun día laborable de prestación
de servizos.
-
O
tempo de duración desta licenza terá a consideración de servizos prestados
unicamente para efectos de antigüidade e consolidación de grao persoal.
-
A
Administración, mentres dure esta licenza sen retribución, manterá o persoal en
alta especial no réxime de Seguridade Social que sexa de aplicación.
-
O
persoal funcionario de novo ingreso só poderá solicitar esta licenza unha vez
transcorridos dous anos desde o seu nomeamento. O persoal funcionario interino
non poderá gozar desta licenza dada a natureza da súa condición.
-
O
prazo de cómputo dos dous anos para o gozo dunha nova licenza por asuntos
propios debe comezar a computarse no momento en que remate o gozo da licenza
anterior.
Unha vez
esgotados os tres meses de duración máxima do permiso debe transcorrer un
mínimo de dous anos para poder solicitalo de novo.
Esta licenza
solicitarase por escrito segundo o modelo oficial, co conforme do xefe do
servizo ou do centro onde o funcionario preste servizos.
3)
Licenza por enfermidade
1. As enfermidades que impidan o normal desempeño
das funcións públicas darán lugar, sempre que non proceda a xubilación por
declaración de incapacidade permanente, ás licenzas que se concederán conforme
ó establecido no réxime da Seguridade Social que resulte aplicable.
A Deputación aplicará, ademais do previsto na Lei xeral
de Seguridade Social, as seguintes regras para proceder ó abono do complemento
por incapacidade temporal do persoal ó seu servizo:
a)
No
caso de continxencias profesionais e continxencias comúns que xeren
hospitalización ou intervención cirúrxica, así como nos de enfermidade grave,
abonarase un complemento ata alcanzar o cento por cento das retribucións, desde
a data de inicio da situación de incapacidade temporal.
b)
No caso de enfermidade común non grave ou
accidente non laboral, o complemento calcularase do seguinte modo.
b.1. Desde o primeiro día da situación de IT ata o
terceiro día, ambos inclusive, abonarase un complemento ata alcanzar o 50% das
retribucións fixas que se percibían no mes anterior ó feito causante.
b.2. Desde o cuarto día da situación de IT ata o
vixésimo día, ambos inclusive, abonarase un complemento ata alcanzar o 75% das
retribucións fixas que lle correspondan no mes anterior ó feito causante.
b.3. Desde o vixésimo primeiro día ata o
nonaxésimo, abonarase un complemento ata alcanzar o 100% das retribucións
básicas e complementarias.
b.4. A partir do nonaxésimo primeiro, abonarase o subsidio
establecido no Réxime xeral da Seguridade Social (75%) da base reguladora.
2. Nas situacións de maternidade, risco por embarazo,
risco durante a lactacia natural e paternidade, percibirase un complemento á
prestación económica de ata o 100% da súa retribución.
3. No caso de incapacidade temporal por
continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social
completarase, desde o primeiro día ata alcanzar o 100% das retribucións fixas
que lle correspondesen no mes anterior ó da causa da incapacidade.
4. A referencia a días, entenderanse realizados a
días naturais.
5. Excepcionalmente, se se acredita a gravidade da
doenza a través da Inspección Médica da Deputación, conforme ós informes
médicos requiridos, poderase prorrogar a licenza con plenitude de dereitos
económicos, previo ditame favorable da Comisión Paritaria Mixta.
6. A Presidencia poderá efectuar a comprobación das
baixas por enfermidade de calquera empregado, cando o considere oportunos, a
través da Inspección Médica da Deputación.
7. Quen estea adscrito ós réximes especiais de
Seguridade Social do mutualismo administrativo en situación de incapacidade
temporal por continxencias comúns, percibirán:
- o 50% das retribucións, tanto básicas como
complementarias, como da prestación de fillo a cargo, no seu caso, desde o
primeiro ó terceiro día da situación de IT, tomando como referencia aquelas que
percibían no mes inmediato anterior ó de causarse a situación de IT.
- Desde o día cuarto ó vixésimo, ambos inclusive,
percibirán o 75% das retribucións tanto básicas como complementarias, como da
prestación por fillo a cargo, no seu caso.
- A partir do vixésimo primeiro e ata o nonaxésimo,
ambos inclusive, percibirán a totalidade das retribucións básicas, da
prestación por fillo a cargo, no seu caso, e das retribucións complementarias.
- Cando a situación de IT derive de continxencias
profesionais, a retribución para percibir poderá ser complementada desde o
primeiro día, ata alcanzar como máximo o 100% das retribucións que viñesen
correspondendo ó devandito persoal no mes anterior de causarse a incapacidade.
- A partir do día nonaxésimo primeiro, será de
aplicación o subsidio establecido en cada réxime especial de acordo coa súa
normativa.
8. No caso de segunda ou terceira baixa, derivada
dun proceso anterior, por recaída respecto de una mesma patoloxía con
tratamentos médicos periódicos, non se considerará como día primeiro de
incapacidade temporal o que corresponda a cada un dos períodos de recaída, se
non que se continuará o cómputo do prazo para partir do último día de baixa do
período de incapacidade anterior.
9. Con carácter excepcional, nos supostos na que
situación de incapacidade temporal implique unha intervención cirúrxica ou
hospitalización, as retribucións para percibir desde o inicio desta situación,
equivalerán igualmente ás retribucións que se percibisen no mes anterior ó da
incapacidade, aínda cando a intervención cirúrxica ou hospitalización teñan
lugar nun momento posterior, sempre que corresponda a un mesmo proceso
patolóxico e non existise interrupción.
Para a determinación da intervención cirúrxica a
que se refire este apartado, considerarase como tal a que derive de tratamentos
que estean incluídos na carteira básica de servizos do Sistema Nacional de
Saúde.
Os procesos de incapacidade temporal que impliquen
tratamentos de radioterapia ou quimioterapia, así como os que teñan inicio
durante o estado de xestación aínda cando non dean lugar a unha situación de
risco durante o embarazo ou risco durante a lactancia, terán a mesma
consideración de circunstancia excepcional.
10. A concorrencia das circunstancias sinaladas
neste apartado deberán acreditarse mediante a presentación dos xustificantes
médicos ou hospitalarios oportunos no prazo de vinte días desde que se produciu
a hospitalización, intervención ou tratamento, sen prexuízo da posibilidade de
presentar nova documentación nun momento posterior.
11. As actuacións da administración derivadas desta
regulación e o tratamento da información obtida, están suxeitas ás obrigas
establecidas na normativa sobre protección de datos de carácter persoal.
12. No suposto de IT, risco durante o embarazo e
lactancia natural, o parte médico acreditativo da baixa, deberá presentarse non
máis tarde do cuarto día desde que se inicie esta situación, no Rexistro Xeral
da Deputación, podendo adiantarse por correo electrónico ó Servizo de Recursos
Humanos e Formación, ou ó rexistro na
seguinte dirección. rexistro@depo.es, sen prexuízo da entrega do documento
orixinal no Rexistro Xeral.
Os sucesivos partes médicos de confirmación,
presentaranse da mesma forma descrita no parágrafo anterior, pero como máximo o
terceiro día hábil seguinte á súa expedición.
Unha vez expedido o parte médico de alta, a
incorporación ó posto de traballo será o primeiro día hábil seguinte á súa
expedición, presentando este parte polos medios indicados anteriormente para os
partes de baixa e confirmación.
No caso de incumprirse a obrigación de presentar os
xustificantes de ausencia previstos neste apartado, estarase ó disposto
respecto das ausencias inxustificadas, procedéndose a aplicar a dedución
proporcional de haberes.
4)
Licenza para supostos de hospitalización prolongada. O persoal terá dereito a unha licenza sen
retribución de ata un mes de duración, no caso de hospitalización prolongada
por enfermidade grave ou enfermidade que implique repouso domiciliario do
cónxuxe, da parella de feito ou de parentes que convivan co traballador ou
traballadora.
5)
Licenza por estudos
5.1. Para a realización de estudos sobre materias
directamente relacionadas co contido do posto de traballo, poderanse conceder licenzas por un tempo
máximo de seis (6) meses, supeditada a súa concesión en todo caso ás
necesidades do servizo.
Percibiranse durante este período unicamente as
retribucións básicas.
O tempo transcorrido nesta situación computarase a
efectos de antigüidade, e terase dereito á reserva do posto de traballo.
5.2. Para a realización de cursos de formación
sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo ou que
posibilite a promoción profesional,
previa solicitude da persoa interesada, supeditado ás necesidades do servizo e
nas condicións fixadas por acordo da Xunta de Goberno.
A duración desta licenza terá un límite máximo de
40 horas anuais retribuídas.
6)
Licenza para a participación en proxectos o programas de cooperación para o
desenvolvemento e de acción comunitaria
6.1. Poden concederse licenzas ao persoal
funcionario para a participación en proxectos ou programas de cooperación para
o desenvolvemento e de acción comunitaria por un período superior a seis meses,
nos casos nos que non proceda o outorgamento da comisión de servizos prevista
no apartado cuarto do artigo 26 da Lei 3/2003, de 19 de xuño, de cooperación
para o desenvolvemento, ou norma que o substitúa. Estas licenzas poderán ter
carácter retribuído, nos supostos e cos requisitos que regulamentariamente se
determinen.
6.2. A concesión destas licenzas estará
subordinada, en todo caso, ás necesidades do servizo.
DISPOSICIÓNS
FINAIS
I.
En
todo o que non se contemple expresamente nos apartados anteriores, estarase ó
disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 7/2004,
do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, modificada pola Lei de
emprego público de Galicia e Real
decreto lei 5/2015, do 30 de outubro, do estatuto básico do empregado público.
II.
Os
supostos particulares e/ou excepcionais serán valorados de forma
individualizada pola Comisión Paritaria Mixta.
ANEXO. Relación
de documentación mínima esixida para a concesión dos permisos, sen prexuízo da
achega doutra documentación requirida e considerada necesaria polos órganos
competentes para acreditar o feito causante
1. Permiso
por falecemento, accidente ou doenza grave ou moi grave dun familiar:
- Documento
xustificativo do falecemento.
- Documento
xustificativo do accidente ou doenza grave ou moi grave do familiar ou informe
da inspección médica da Deputación no que se especifique se é grave o moi grave.
- O grao de
parentesco e a relación familiar acreditarase co libro ou libros de familia ou
documento que o substitúa, coa certificación do Rexistro Civil ou ben coa
inscrición en calquera rexistro público que acredite o feito causante.
- Nos
supostos de accidente ou de doenza moi grave, a situación de convivencia, de
ser o caso, debe ser acreditada mediante certificado de empadroamento ou outro
documento expedido polo concello de residencia.
2. Permiso
por traslado de domicilio:
- Documento
acreditativo de cambio efectivo de domicilio: escritura de propiedade,
contrato de aluguer, certificado de empadroamento, certificado de convivencia
de non ser propietario ou inquilino do inmoble ou calquera outro documento
válido en dereito.
3. Permiso
para concorrer a exames finais e demais probas de aptitude: documento
acreditativo da asistencia á proba de aptitude, ó exame final ou á proba de
acceso ou ingreso na función pública, no cal conste lugar, data, hora do exame
e centro de realización das probas.
4. Permiso
de lactancia: de forma simultánea á solicitude do permiso a funcionaria
deberá acreditar documentalmente a data de nacemento do fillo mediante a
presentación da fotocopia do libro de familia ou inscrición do nacemento no
Rexistro Civil, ademais deberase xustificar documentalmente que o outro
proxenitor non goza pola súa vez deste permiso.
5. Permiso
por nacemento de fillos que deban permanecer hospitalizados despois do parto:
– Fotocopia da partida de nacemento do fillo que
orixina o dereito ó permiso
– Documento que acredite a hospitalización do fillo
que xere o dereito ó permiso ou da súa condición de prematuro
6. Permiso
para a realización de exames prenatais ou de técnicas de preparación ó parto:
– Documento xustificativo da realización de exames
prenatais e das técnicas de preparación ó parto dentro da xornada laboral e
documento de asistencia
7. Permiso
para tratamentos de fecundación asistida: documento xustificativo da realización
de tratamentos de fecundación asistida dentro da xornada laboral.
8. Permiso
de asistencia ó médico: documento xustificativo do centro sanitario acreditativo
da presenza neste dentro da xornada laboral ou informe da inspección médica da
Deputación na que conste esta circunstancia.
9. Permiso
por deber inescusable público ou persoal: orixinal ou copia compulsada da
citación ou convocatoria do órgano xudicial, órgano administrativo, órgano de
goberno ou calquera outro órgano oficial do que se trate ou das comisións
dependentes deles. Se é o caso, documento acreditativo de ter a condición de
elixible no proceso electoral ou de formar parte dunha Mesa electoral. No caso
de conciliación da vida familiar poderá esixirse a correspondente xustificación
documental.
No caso de
consulta ou revisión médica: informe da Inspección médica da Deputación ou
xustificante da consulta.
10. Permiso
por razón de violencia de xénero: acreditarase mediante calquera das fórmulas
sinaladas no artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, para a prevención e o
tratamento integral da violencia de xénero.
11. Permiso
por parto: certificado médico oficial, certificado do nacemento do Rexistro
Civil ou presentación do libro de familia que acredite a data en que se
produciu o nacemento. Se o inicio do permiso se produce antes do parto, xunto
coa solicitude correspondente presentarase o documento xustificativo de
atoparse no período de dez semanas anteriores ó parto.
12. Permiso
por adopción ou por acollida preadoptiva, permanente ou simple:
– Resolución administrativa ou xudicial da adopción
ou da acollida na cal conste, se é o caso, o carácter internacional da adopción
ou da acollida.
– No caso de que o permiso se amplíe por
discapacidade do neno adoptado ou acollido: documento médico acreditativo da
discapacidade.
– Se a adopción é internacional xunto coa
solicitude presentarase documentación oficial acreditativa da tramitación da
adopción, co obxecto de autorizar o inicio do permiso con anterioridade á data
en que esta se produza. Posteriormente, deberá presentarse a correspondente
resolución xudicial de adopción.
13. Permiso
por paternidade: libro de familia ou inscrición do nacemento no Rexistro
Civil ou certificación da inscrición no rexistro.
14. Permiso
por matrimonio: fotocopia compulsada do libro de familia ou da
inscrición no rexistro correspondente.
15.
Licenza por doenza: parte médico de baixa.
16. Redución
de xornada por razóns de garda legal: documento legal acreditativo desta,
así como, se é o caso, da idade, discapacidade ou especial dedicación que
requira a persoa en cuestión.
17. Permiso por coidado do fillo menor afectado
por cancro ou outra doenza grave: informe médico do menor tal e como se
indica na instrución, libro de familia ou inscrición do nacemento no Rexistro
Civil ou certificación da inscrición no rexistro, de ser o caso, documentación
acreditativa do acollemento ou adopción, vida laboral do outro proxenitor que
acredite a súa condición de asalariado, certificado que acredite que o outro
proxenitor do menor non cobra as súas retribucións íntegras en virtude deste
permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no réxime
da Seguridade Social que lle sexa de aplicación.
18. Outros permisos contemplados no Acordo
Regulador, non recollidos expresamente no portal do empregado e que se integran
no concepto “Outros”: Especificar o motivo polo que se solicita.
19. Informes médicos: Deberanse presentar na
Inspección Medica da Deputación. En todo caso os informes médicos dirixidos ó
Servizo de RRHH deberan ser custodiados por funcionarios de carreira.
20. Xustificantes de ausencias por consulta ou
revisión médica do funcionario ou acompañamento a consulta ou revisión médica dun
familiar: Poderase presentar en sobre cerrado dirixido á Inspección Médica
da Deputación, quen xustificará a ausencia ante o Servizo de RRHH e Formación.
Tamén poderase presentar directamente no Servizo de RRHH e Formación ou a
través do portal do empregado, a libre elección do interesado. De non constar
no expediente persoal do interesado deberá de acreditarse en RRHH o grao de
parentesco e a situación de convivencia.
ADAPTACIÓN DO I CONVENIO
COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL
DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
A
redacción dada o Acordo Regulador para persoal funcionario aplicase tamén o I
Convenio Colectivo para persoal laboral,
modificándose os seguintes artigos en todo o seu contido:
Capítulo VII Xornada e horario (artigos 21 a 26):
artigo 21 xornada, artigo 22 pausa durante a xornada, artigo 23 xornada de verán,
artigo 24 traballo nocturno, artigo 25 absentismo, artigo 26 comunicación de
ausencias.
Capítulo VIII Vacacións, licenzas e permisos
(artigos 28 a 30): artigo 28 vacacións, artigo 29 permisos e artigo 30
licenzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario