viernes, 7 de noviembre de 2014

RESULTADO ELECTORAL DO PERSOAL LABORAL NA DEPUTACIÓN

Celebradas eleccións sindicais para elexir os representante dos traballadores que formarán o Comité de Empresa na Deputación Provincial, concluir que a xornada celebrouse cunha importante asistencia de todo o persoal laboral as mesas, a pesares do dispersos que están os centros de traballo da Deputación. 

Tamén salientar que CC.OO foi a única forza sindical participante neste proceso, todo esto é debido o traballo diario dos delegados elixidos libremente e pola confianza depositada neles. 

 A votación levouse a cabo a través de tres mesas, cun total de 594 traballadores censados que se distribúen do seguinte xeito: o colexio de especialistas no cualificados que conta cun número de 184 censados; o colexio de técnicos e administrativos que conta cun número de 262 censados que farán uso do seu dereito ó voto no Pazo Provincial e outros 52 censandos que o fixeron a través dunha mesa itinerante que percorreu os distintos concellos da provincia no que se atopan distintas oficinas do ORAL e Finca Mouriscade en Lalín. 

 A participación estivo aproximadamente nun 50% do persoal que acudeu as urnas, que estiveron abertas ata ás 18,30 da tarde no Pazo Provincial. O organismo provincial elixiu tres delegados na mesa de especialistas non cualificados e 10 na de técnicos e administrativos, o que lle dá 13 delegados a CC.OO.

 Este proceso celebrábase anteriormente de forma independiente en cada un dos organismos autónomos, e dicir, no MUSEO, no ORAL e no Padroado de Turismo, polo que cada un deles contaba cun Comité de Empresa, pero actualmente estes organismos están integrados como servicios na Deputación Provincial polo que pasan a formar parte dun Comité único.

No hay comentarios:

Publicar un comentario