miércoles, 21 de mayo de 2014

INFORMACIÓN DAS NEGOCIACIÓNS PARA A XORNADA REDUCIDA DE SANTA RITA

CC.OO. INFORMA

Con motivo da celebración da Patrona dos funcionarios, Santa Rita, CC.OO.  o día 19 de maio rexistrou un escrito no que lembraba a Administración a celebración deste día coa xornada reducida que habitualmente se viña disfrutando, xa que se pudo observar que no portal do empregado reflexaba a saída a 13,00 da tarde. 

Como no acordo está establecido a media xornada,  que últimamente non se estaba a respetar, CC.OO. puxo especial interés na negociación da recuperación da hora establecida, xa que consideramos que estannos a facer suficientes recortes, que o tempo libre non fóra un deles, polo que, insistimos en que este día fose de festa para nós. 

Conseguimos que se volvese a recuperar a media xornada, e esperamos que para o ano podamos negociar e disfrutar o día enteiro como o fan outros organismos  da Administración Local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario