CC.OO.
informate
da nova
regulación dos procesos de INCAPACIDADE TEMPORAL ( I.T. ) nos primeiros 365
días da súa duración.
I.- Partes de baixa e de confirmación da baixa.
Serán extendidos en
función da previsión de alta que
estime o médico.
a).Duración da baixa inferior a 5 dias naturais.
O médico do SERGAS ou da Mutua emitirá
o parte de baixa e alta no mesmo
parte, coa data da alta, que
poderá ser a mesma que a data da baixa, ou calquera dos 3 días naturais
seguintes a baixa.
O traballador/a poderá solicitar que se lle
realice un recoñecemento médico o día que se teña fixado como data de alta, e o
médico poderá emitir parte de confirmación de baixa, si o traballador/a non
recuperar a súa capacidade laboral.
b).Duración da baixa estimada entre 5 e 30 días naturais.
O médico extenderá parte de baixa fixando
data da revisión médica, que non excederá de mais de 7 días naturais dende a
baixa. Os sucesivos partes de baixa non poderán emitirse cunha diferencia de
mais de 14 días naturais entre sí.
c).Duración da baixa estimada entre 31 e 60 días naturais.
O parte de baixa fixará data de revisión
médica, que non excederá os 7 días naturais dende a baixa inicial. Os sucesivos
partes de baixa non poderán emitirse cunha diferencia de mais de 28 días
naturais entre sí.
d).Duración da baixa estimada de 61 ou mais días naturais.
O parte de baixa fixará data de revisión
médica , que non excederá os 7 dias naturais dende a baixa inicial. Os
sucesivos partes de baixa non poderán emitirse cunha diferencia de mais de 35 días
naturais entre sí.
II.- Tramitación dos partes de baixa, confirmación e
alta.
O/a traballador/a ten que entregar á empresa nos tres días contados a partir do mesmo
día da expedición do parte de baixa e de confirmación., unha copia do
mesmo.
O parte de alta debe de ser entregado polo traballador/a na empresa, dentro
das 24 horas seguintes a súa expedición.
Sí no período de baixa producese a finalización do contrato de traballo, o
traballador/a deberá presentar ante o INSS, ISM ou a Mutua, no mesmo prazo de
tres días, o parte de confirmación da baixa.
III.- Requerimento aos traballadores/as para
recoñecemento médico.
O INSS e o ISM poderán requerir aos
traballadores en situación de I.T. para que sexan recoñecidos polos Inspectores
Médicos de ditas entidades.
A mesma facultades teñen as Mutuas, respecto
dos beneficiarios da prestación económica por IT derivada de continxencias
comuns incluidos no seu ámbito de xestión, que serán recoñecidos polos médicos
das Mutuas.
A citación para dito recoñecemento debe de
realizarse cun mínimo de 4 días hábiles.
Si o/a traballador/a non acude ao
recoñecemento, vai a ser suspendido cautelarmente da prestación económica da IT
( polo INSS, ISM ou Mutua, segundo corresponda), e si no prazo de 10 dias
hábiles non xustifica a incomparecencia, procederá á extinción da prestación económica.
Se entenderá como xustificación da incomparecencia cando: O/A traballador/a aporte
informe emitido polo médico do servicio público de saude que desaconselle a
personación debido a situación clínica do paciente; cando a cita se tivera
realizado cun prazo previo inferior a 4
días hábiles ou cando se acredite a imposibilidade de asistencia por outra causa suficiente.
IV.-
Propostas de altas médicas formuladas polas Mutuas nos procesos de continxencias
comuns. (Enfermidade
común e accidente non laboral ).
As Mutuas poderán realizar propostas motivadas de alta médica, comunicandoo
simultaneamente á Inspección Médica do
SERGAS e ao traballador/a afectado.
A Inspección Médica debe de contestar a proposta
de alta da Mutua no prazo de 5 días. ( Este
prazo entra en vigor o 01.03.15, namentras será de 11 días)
A ratificación da baixa polo Servizo Público de Saúde ten que ser motivada. Si non se
produce contestación a Mutua poderá enviar a proposta de alta ao INSS, quen terá que contestar no prazo
de 4 días. ( Este prazo entra en
vigor o 01.03.15, namentras será de 8 días).
V.-
Revisión das altas médicas emitidas polas Mutuas nos procesos de I.T. derivados
de continxencias profesionais.(Accidente de traballo e enfermidade
profesional).
O/A traballador/a interesado/a poderá
solicitar a revisión da alta médica
emitida pola Mutua, no prazo dos 10 días
hábiles seguintes ao da sua notificación,ante o INSS ou o ISM, que acompañará do correspondente historial
médico ou copia da solicitude de dito historial á entidade colaboradora. No
mesmo dia da presentación da solicitude
ou no día hábil seguinte, o interesado comunicará dita solicitude á empresa.
A
iniciación desta solicitude suspenderá a alta médica emitida.
O INSS
ou o ISM comunicarán a Mutua o inicio da revisión da alta , para que ésta
no prazo de 4 días informe sobre as
causas que motivaron dita alta.
A continuación o Director Provincial do INSS
ou ISM dictará, no prazo máximo de 15
dias hábiles, a contar desde a aportación da documentación pola Mutua, a
Resolución que corresponda, previo
informe preceptivo do equipo de valoración de incapacidades, que debe
valorar e examinar o caso concreto.
VI.-
Declaración de altas médicas nos procesos de I.T., e finalización das altas
transcurridos 365 días.
A alta médica extinguirá o proceso de
incapacidade temporal do traballador/a con efectos do día seguinte ao da súa emisión.
Cando o médico do servizo público de saude ou
o servizo médico da Mutua expidan o último parte de confirmación de alta, antes
de que remate o prazo de 365 días
naturais, comunicarán ao interesado/a que o control do proceso pasa a ser competencia do INSS ou ISM, quenes
procederán as seguintes actuacions:
-
Prórroga
da I.T., perante un prazo máximo de 180 días mais.
-
Inicio
de expediente para declarar a Incapacidade Permanente.
-
Alta
Médica.
Real Decreto 1430/2009, de 11 de
septiembre de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario