martes, 19 de agosto de 2014

NOVA REGULACIÓN DAS BAIXAS

CC.OO. informate
da nova regulación dos procesos de INCAPACIDADE TEMPORAL ( I.T. ) nos primeiros 365 días da súa duración.

I.- Partes de baixa e de confirmación da baixa.
Serán extendidos en función da previsión de alta que estime o médico.

a).Duración da baixa inferior a 5 dias naturais.
O médico do SERGAS ou da Mutua emitirá o parte de baixa e alta no mesmo parte, coa data da alta, que poderá ser a mesma que a data da baixa, ou calquera dos 3 días naturais seguintes a baixa.
O traballador/a poderá solicitar que se lle realice un recoñecemento médico o día que se teña fixado como data de alta, e o médico poderá emitir parte de confirmación de baixa, si o traballador/a non recuperar a súa capacidade laboral.

b).Duración da baixa estimada entre 5 e 30 días naturais.
O médico extenderá parte de baixa fixando data da revisión médica, que non excederá de mais de 7 días naturais dende a baixa. Os sucesivos partes de baixa non poderán emitirse cunha diferencia de mais de 14 días naturais entre sí.

c).Duración da baixa estimada entre 31 e 60 días naturais.
O parte de baixa fixará data de revisión médica, que non excederá os 7 días naturais dende a baixa inicial. Os sucesivos partes de baixa non poderán emitirse cunha diferencia de mais de 28 días naturais entre sí.

d).Duración da baixa estimada de 61 ou mais días naturais.
O parte de baixa fixará data de revisión médica , que non excederá os 7 dias naturais dende a baixa inicial. Os sucesivos partes de baixa non poderán emitirse cunha diferencia de mais de 35 días naturais entre sí.

II.- Tramitación dos partes de baixa, confirmación e alta.
O/a traballador/a ten que entregar á empresa nos tres días contados a partir do mesmo día da expedición do parte de baixa e de confirmación., unha copia do mesmo.
O parte de alta debe de ser entregado polo traballador/a na empresa, dentro das 24 horas seguintes a súa expedición.

Sí no período de baixa producese a finalización do contrato de traballo, o traballador/a deberá presentar ante o INSS, ISM ou a Mutua, no mesmo prazo de tres días, o parte de confirmación da baixa.

III.- Requerimento aos traballadores/as para recoñecemento médico.
O INSS e o ISM poderán requerir aos traballadores en situación de I.T. para que sexan recoñecidos polos Inspectores Médicos de ditas entidades.
A mesma facultades teñen as Mutuas, respecto dos beneficiarios da prestación económica por IT derivada de continxencias comuns incluidos no seu ámbito de xestión, que serán recoñecidos polos médicos das Mutuas.
A citación para dito recoñecemento debe de realizarse cun mínimo de 4 días hábiles.

Si o/a traballador/a non acude ao recoñecemento, vai a ser suspendido cautelarmente da prestación económica da IT ( polo INSS, ISM ou Mutua, segundo corresponda), e si no prazo de 10 dias hábiles non xustifica a incomparecencia, procederá á extinción da prestación económica.

Se entenderá como xustificación da incomparecencia cando: O/A traballador/a aporte informe emitido polo médico do servicio público de saude que desaconselle a personación debido a situación clínica do paciente; cando a cita se tivera realizado cun prazo previo inferior a 4 días hábiles ou cando se acredite a imposibilidade de asistencia por outra causa suficiente.

IV.- Propostas de altas médicas formuladas polas Mutuas nos procesos de continxencias comuns. (Enfermidade común e accidente non laboral ).

As Mutuas poderán realizar propostas motivadas de alta médica, comunicandoo simultaneamente á Inspección Médica do SERGAS e ao traballador/a afectado.
A Inspección Médica debe de contestar a proposta de alta da Mutua no prazo de 5 días. ( Este prazo entra en vigor o 01.03.15, namentras será de 11 días)
A ratificación da baixa polo Servizo Público de Saúde ten que ser motivada. Si non se produce contestación a Mutua poderá enviar a proposta de alta ao INSS, quen terá que contestar no prazo de 4 días. ( Este prazo entra en vigor o 01.03.15, namentras será de 8 días).

V.- Revisión das altas médicas emitidas polas Mutuas nos procesos de I.T. derivados de continxencias profesionais.(Accidente de traballo e enfermidade profesional).

O/A traballador/a interesado/a poderá solicitar a  revisión da alta médica emitida pola Mutua, no prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da sua notificación,ante o INSS ou o ISM,  que acompañará do correspondente historial médico ou copia da solicitude de dito historial á entidade colaboradora. No mesmo dia da presentación da solicitude  ou no día hábil seguinte, o interesado comunicará dita solicitude á empresa.
A iniciación desta solicitude suspenderá a alta médica emitida.

O INSS ou o ISM comunicarán a Mutua o inicio da revisión da alta , para que ésta no prazo de 4 días informe sobre as causas  que motivaron dita alta.
A continuación o Director Provincial do INSS ou ISM dictará, no prazo máximo de 15 dias hábiles, a contar desde a aportación da documentación pola Mutua, a Resolución que corresponda, previo informe preceptivo do equipo de valoración de incapacidades, que debe valorar e examinar o caso concreto.

VI.- Declaración de altas médicas nos procesos de I.T., e finalización das altas transcurridos 365 días.

A alta médica extinguirá o proceso de incapacidade temporal do traballador/a con efectos do día seguinte ao da súa emisión.

Cando o médico do servizo público de saude ou o servizo médico da Mutua expidan o último parte de confirmación de alta, antes de que remate o prazo de 365 días naturais, comunicarán ao interesado/a que o control do proceso pasa a ser competencia do INSS ou ISM, quenes procederán as seguintes actuacions:
-       Prórroga da I.T., perante un prazo máximo de 180 días mais.
-       Inicio de expediente para declarar a Incapacidade Permanente.
-       Alta Médica.

Real Decreto 1430/2009, de 11 de
septiembre de 2014


PLAN DE FORMACIÓN



Abierto el plazo del
PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA
del 2º semestre del año 2014
BOP nº158 

Plazo de solicitudes hasta el 12  de setembro