venres 2 de agosto de 2013
CCOO rexeita o anteproxecto de Lei de racionalización do sector público galego
- O borrador aprobado onte na Comisión de persoal da Xunta, co voto en contra de CCOO, pretende reducir o número de entes e organismos públicos a custa de menoscabar a súa autonomía e funcións
Comisións Obreiras (CCOO)
rexeita o anteproxecto de Lei de racionalización do sector público
galego que pretende aprobar a Xunta de Galicia e que foi rexeitado xa
onte por CCOO, UGT e CIG na Comisión de Persoal.
![O ISSGA é un dos organismos afectados](http://www.galicia.ccoo.es/comunes/recursos/11/1684452-O_ISSGA_e_un_dos_organismos_afectados_Version2.jpg)
O ISSGA é un dos organismos afectados
"O proxecto da Xunta liquida o ISSGA e desvirtúa o IGE"
CCOO rexeita unha norma que só aplica
criterios cuantitativos para reducir o número de entes e organismos do
sector público autonómico, a custa de menoscabar a súa autonomía e
funcións ao tempo que incrementa o control político sobre eles.
A Comisión de Persoal foi o «único ámbito no que se nos deu información ao respecto a pesar de se tratar dunha norma horizontal», denuncia CCOO. O sindicato matén que o proxecto da Xunta vulnera os acordos acadados no diálogo social, tanto no que atinxe á composición dos organismos de participación institucional como no relativo ao desenvolvemento da lei.
Finalmente, CCOO denuncia que o proxecto da Xunta vulnera o espírito co que os axentes económicos e sociais construíron xunto coa Administración o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA). O sindicato considera que a proposta do Goberno galego pretende «liquidar» o ISSGA, ademais de desnaturalizar o Instituto Galego de Estadística, xa a súa función e autonomía como instrumento estatístico da comunidade acaban diluíndose noutras simplemente administrativas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario