Circular sobor das manifestacions do DOMINGO 16 DE XUÑO.
Estimadas compañeiras, estimados compañeiros:
Como xa coñecedes o domingo 16 de xuño vanse celebrar dúas manifestacions nas que temos que participar activamente:
Ás 11´30 horas sairá da Praza da Ferrería de Pontevedra, a manifestación convocada por CC.OO. e UGT por “ Unha Europa mais Social e mais Democrática”, que rematará fronte a Subdelegación do Goberno.
Esta manifestación forma parte da convocatoria realizada pola Confederación Europea de Sindicatos na semán do 10 ó 16 de xuño, e que en Galicia concretase coa convocatoria de manifestacions en 9 cidades.
A manifestación convocase para as 11´30 horas, para facilitar a participación na manifestación da tarde.
Ás 17 horas está convocada pola Plataforma Galega en defensa do dereito ao aborto outra manifestación en Santiago, que sairá da estación da Renfe e que rematará na Praza das Praterías.
A Plataforma, da que formamos parte, poremos a disposición dos manifestantes autobuses, que sairán ás 15´30 horas do Pavillón de Deportes de Pontevedra.
Para a contratación dos autobuses necesitamos coñecer cantas persoas de CC.OO. nos ímos desprazar a Santiago, polo que é necesario que ata o mércoles 12 lle facilitedes ao Secretario de Organización da U.C. o nome das persoas que participarán na manifestación.
Tanto un asunto como o outro precisan da participación activa de toda a organización, polo que se precisa que na preparación das dúas manifestacions participemos tódolos efectivos do Sindicato en Pontevedra.
Pontevedra, a 6 de xuño de 2013.
Asdo: Xosé Luis García Pedrosa.
Secretario xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario