lunes, 26 de marzo de 2012

CHARLA INFORMATIVA SOBRE Ó PLAN DE PENSIÓNS

RESUMO DA CHARLA INFORMATIVA SOBRE Ó PLAN DE PENSIÓNS
O pasado día 15 de marzo, tivemos a ocasión de ter unha charla informativa para todos nós para comentar todas as dúbidas do Plan de Pensións, a un técnico,  compañeiro de CC.OO., Miguel A. Crespo Calvo, que se desprazou dende Madrid para aportar os seus coñecementos nesta materia. E para os que non poideron asistir, achegámosvos un resumo desta charla.

¿Qué é un plan de pensións?
Un plan de pensión é un instrumento de previsión social, unha modalidade de aforro que ten como obxectivo  complementar a pensión que se recibe no momento da xubilación, e que permite, pasado un tempo, recuperar o valor do invertido máis os rendementos que xerados nese período.
O noso plan de pensións é un plan de empleo de aportación definida, nos que o obxecto definido é a contía das contribucións dos promotores e, no seu caso, dos partícipes ó Plan, no que unha parte é aportada polo partícipe e outra pola Deputación. O noso diñeiro está nunha entidade depositaria (NCG BANCO), e xestionado por una entidade xestora(CASER).
Pola nosa parte, temos un órgano de supervisión do plan, Comisión de Control  do Plan  de Pensións, de composición paritaria, formada por representantes do promotor, partícipes e beneficiarios, de xeito que se garantice a presenza de todos os intereses.
Lexislación aplicable
Na actualidade, regulase polo Real Decreto Legislativo 1/2002, de 29 de noviembre, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións.
Ademáis cada plan ten un regulamento específico, como é no noso caso.
POSIBLES DÚBIDAS
¿Pódese mover o capital?  Sí,  pero no seu conxunto, é dicir o capital de todos dunha vez.
¿Pódese recuperar ese capital?  Soamente cando nos xubilemos ou por algunha das causas previstas na lei e no reglamento (art.19 )
¿Cómo se rescata o plan?  Unha vez nos xubilemos ou se den algunha das circunstancias que se recollen na lei e no regulamento, ben como capital, como renda (cantidade mensual) ou parte en capital e parte en renda.
¿Pódese liquidar o plan?  Sí, por acordo da comisión de control e a liquidación supón a terminación do plan. Neste suposto cada un de nós teríamos a facultade de cambiar de entidade xestora e depositaria do plan, de forma individual, pero nunca poderíamos rescatar os cartos e nese momento nin a Deputación, nin a Comisión de Control desentenderíanse do seguimento deste plan de pensións.
¿Cómo nos afecta a medida tomado polo Goberno a través do Real Decreto-ley 20/2011, de 30 de diciembre, de medidas urgentes en materia presupuestaria, tributaria e financieira para a corrección do déficit público?
Esta medida é temporal, trátase dunha suspensión da aportación por parte do promotor do Plan. Neste caso podemos seguir aportando a mesma cantidade, aumentala ou non aportar nada.

A Entidade xestora, Caser, nos informa cada certo tempo a través de correo postal ós nosos domicilios,  da rendabilidade do Plan.





No hay comentarios:

Publicar un comentario