viernes, 30 de marzo de 2012

XORNADA REDUCIDA EN SEMANA SANTA

Con motivo do período  de vacacións da SEMANA SANTA,  que vai dende o SÁBADO día 31 de marzo ata o LUNS día 9 de abril,  ambos inclusive

REDUCIRASE A XORNADA NUNHA HORA DIARIA.

       Xornada de mañá: DE 8,30 HORAS A 14,30 HORAS

       Xornada de tarde : DE 15,30 HORAS A 21,30 HORAS

       O resto das quendas dos distintos centros e estes mesmos, si non é posible face-los así, haberá que busca-lo sistema de compensación máis axeitado, o que quere dicir,  poder coller unha hora enteira e, si esto tampouco se pode levar a cabo polas necesidades do servicio, debidamente contrastadas, entón acumular dita hora diaria, de día ou de noite, ó obxecto de librar unha xornada, unha vez completadas as horas totais da mesma, ou a parte proporcional, si non houbese as  horas suficientes.

martes, 27 de marzo de 2012

XORNADA DE REFLEXIÓN



Esta é unha reflexión dunha funcionaria de Lleida publicada na sección de opinión no diario El País, da fin de semana:


El pensamiento inmediato de mcuhos servidores públicos ante la huelga general es preguntar cuánto les será descontado de su nómina. Otro discurso generalizado es no hacer el juego a la propia Administración pública que verá como sus arcas aumentan si hacemos un día de huelga. Por otro lado, los hay que se sintieron ofendidos ( y con razón) por la desbordada alegría que se produjo en su momento por la reducción de nuestro salario y piensan que esta huelga no va con ellos.
Si alguien me cuenta, hace unos años que en Grecia 150.000 funcionarios de carrera serían despedidos no lo hubiera creído. ¿Alguún empleado público hubiera podido imaginar que esto sucedería? Creo que no.
Entonces que nadie piense que su condición de "funcionario de carrera inamovible" no puede ser modificada. Montoro lo ha dicho y se anuncia el primer paso para nuestra desaparición.
La huelga general no es solo contra un real decreto. Es una huelga que debe ser una respuesta directa al Gobierno en el que le digamos que creemos en el Estado de bienestar. Aquí todos somos trabajadores por cuenta ajena y esta contrarreforma laboral nos devuelve a condiciones laborales de hace 50 años. Que se lo pregunten a los funcionarios de la Generalitat de Cataluña, Valencia o Castilla-La Mancha.
Lo perdido ahora no se recuperará nunca. El 29 d emarzo cada uno que demuestre su compromiso. Nosotros como servidores públicos tenemos uno ante la sociedad, puesto que sin Estado de bienestar no somos nadie.





lunes, 26 de marzo de 2012

CHARLA INFORMATIVA SOBRE Ó PLAN DE PENSIÓNS

RESUMO DA CHARLA INFORMATIVA SOBRE Ó PLAN DE PENSIÓNS
O pasado día 15 de marzo, tivemos a ocasión de ter unha charla informativa para todos nós para comentar todas as dúbidas do Plan de Pensións, a un técnico,  compañeiro de CC.OO., Miguel A. Crespo Calvo, que se desprazou dende Madrid para aportar os seus coñecementos nesta materia. E para os que non poideron asistir, achegámosvos un resumo desta charla.

¿Qué é un plan de pensións?
Un plan de pensión é un instrumento de previsión social, unha modalidade de aforro que ten como obxectivo  complementar a pensión que se recibe no momento da xubilación, e que permite, pasado un tempo, recuperar o valor do invertido máis os rendementos que xerados nese período.
O noso plan de pensións é un plan de empleo de aportación definida, nos que o obxecto definido é a contía das contribucións dos promotores e, no seu caso, dos partícipes ó Plan, no que unha parte é aportada polo partícipe e outra pola Deputación. O noso diñeiro está nunha entidade depositaria (NCG BANCO), e xestionado por una entidade xestora(CASER).
Pola nosa parte, temos un órgano de supervisión do plan, Comisión de Control  do Plan  de Pensións, de composición paritaria, formada por representantes do promotor, partícipes e beneficiarios, de xeito que se garantice a presenza de todos os intereses.
Lexislación aplicable
Na actualidade, regulase polo Real Decreto Legislativo 1/2002, de 29 de noviembre, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións.
Ademáis cada plan ten un regulamento específico, como é no noso caso.
POSIBLES DÚBIDAS
¿Pódese mover o capital?  Sí,  pero no seu conxunto, é dicir o capital de todos dunha vez.
¿Pódese recuperar ese capital?  Soamente cando nos xubilemos ou por algunha das causas previstas na lei e no reglamento (art.19 )
¿Cómo se rescata o plan?  Unha vez nos xubilemos ou se den algunha das circunstancias que se recollen na lei e no regulamento, ben como capital, como renda (cantidade mensual) ou parte en capital e parte en renda.
¿Pódese liquidar o plan?  Sí, por acordo da comisión de control e a liquidación supón a terminación do plan. Neste suposto cada un de nós teríamos a facultade de cambiar de entidade xestora e depositaria do plan, de forma individual, pero nunca poderíamos rescatar os cartos e nese momento nin a Deputación, nin a Comisión de Control desentenderíanse do seguimento deste plan de pensións.
¿Cómo nos afecta a medida tomado polo Goberno a través do Real Decreto-ley 20/2011, de 30 de diciembre, de medidas urgentes en materia presupuestaria, tributaria e financieira para a corrección do déficit público?
Esta medida é temporal, trátase dunha suspensión da aportación por parte do promotor do Plan. Neste caso podemos seguir aportando a mesma cantidade, aumentala ou non aportar nada.

A Entidade xestora, Caser, nos informa cada certo tempo a través de correo postal ós nosos domicilios,  da rendabilidade do Plan.





viernes, 16 de marzo de 2012

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Hola a tod@s,
Somos os delegados de persoal da Sección Sindical de CC.OO. na Deputación de Pontevedra, con José R. Piñeiro á cabeza. Hoxe comeza unha nova etapa na que terás acceso a toda a información e a consultar todo o noso traballo a través deste blog.
Toda a información  que vos sexa de interese publicaremola neste novo espazo.
Calquera dúbida que teñades, aquí estamos para resolvela, a través do noso correo electrónico delegadospersonal.ccoodepo@gmail.com,  persoalmente na Deputación xa que contamos cunha oficina no Edificio administrativo ou a través do telefóno na extensión 40822.
Esperamos que sexa do voso agrado e que como a tecnoloxía nolo permite estemos máis preto de tod@s.