miércoles, 25 de noviembre de 2015
jueves, 19 de noviembre de 2015
PROPOSTA ÓS ORZAMENTOS 2016
PROPOSTA DE CC.OO. PARA O ORZAMENTO 2016
A Sección Sindical de
CC.OO na Deputación de Pontevedra, presenta as seguintes propostas para o orzamento 2016, coa finalidade de que as súas previsións se adapten ás necesidades que
debe atender a institución.
Por imperativo legal, é obriga da Deputación a información e negociación
previas cos representantes dos traballadores, e o incumprimento deste deber leva consigo a nulidade dos acordos, nulidade que poderá facerse valer por CC.OO. ante o xulgado competente, o que se fará naqueles casos en que proceda, tanto
por falta de negociación coma polos
motivos tasados que establece a lexislación aplicable en materia de réxime local.
As presentes propostas responden ás seguintes ideas:
1.- A debida dotación de
medios materiais e persoais dos centros da Deputación, potenciándoos, rexeitando todo intento de externalización de servizos que poda levar a unha privatización encuberta, para a mellor atención das necesidades sociais.
2.- A dignificación da función
pública e a conseguinte
recuperación por parte dos traballadores dos seus dereitos sociais e económicos, minguados, de forma brutal, nestes últimos anos.
3.- Garantir a debida aplicación dos principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso á función pública e na
promoción profesional, e o cese das diferenzas retributivas nos supostos de desempeño de funcións
idénticas ou similares.
Estes son os principios que resumen as propostas que agora se formulan.
CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE
1.
O PERSOAL DA
CIDADE INFANTIL ten que seguir desenvolvendo o seu traballo neste centro. Isto
é posible sempre que se firme un convenio
de colaboración entre Xunta-Deputación e Concellos da provincia, que garanta o
mantemento do CENTRO DE DÍA, os INTERNADOS e que propicie a creación dun CENTRO
DE RESIDENCIA SEMANAL. As traballadoras sociais realizarían un estudo de
necesidades dos menores dos concellos da provincia en colaboración coas
traballadoras sociais dos mesmos. Establecendo unha ruta de autobús: os luns
pola mañá recollería ós nenos nos lugares previstos polos Concellos e os venres
regresarían de fin de semana.
2.
Consideramos importante a modificación do Regulamento de
Réxime Interno para adaptalo ó momento actual que debe contemplar, entre outras
modificacións, a provisión de postos de directores de centro. Cando existan
prazas vacantes, estas cubriranse mediante unha convocatoria, consistente nun
CONCURSO DE
MÉRITOS e un PROXECTO DE CENTRO, no que poderá participar
todo o persoal que reúna os requisitos para o posto e que será avaliado por
unha comisión seleccionadora creada ó efecto.
3.
Creación dunha UNIDADE
DE VIDA INDEPENDENTE, utilizando para reforzar a autonomía dos e das
adolescentes internos/as para que, unha vez deixen o centro, poidan valerse por
si mesmos. Realizar un seguimento do menor durante, polo menos dous anos, para
axudalos no camiño cara á súa completa independencia.
4. Modificación do acordo regulador, para que o persoal
técnico auxiliar educativo nocturno que teña 15 ou máis anos de traballo
poida pasar á quenda de día cubrindo as vacantes; a este colectivo ténselle que
incrementar a penosidade debido á tipoloxía dos menores acollidos e por
realizar o traballo na quenda de noite.
5. Pedimos
que se contemple nunha partida a cantidade necesaria para a compra dun autobús
para trasladar ós menores que impida que a Deputación destine tódolos meses 3.500
€ para pagar o aluguer do mesmo, xa que, en cinco anos poderiamos ter un
autobús propio que seguiría once anos facendo o servizo sen gastar un euro.
6. Previsión
Orzamentaria para arranxar as vivendas que se atopan na entrada sur da Cidade infantil
e que, na súa maioría, están abandonadas e por iso estragadas co que necesitan
con urxencia un arranxo para logo destinalas a fins sociais (mulleres
maltratadas, refuxiados, adolescentes con problemas económicos que queren
estudar etc.) non se pode ter un equipamento e deixalo derrubar xa que é moi
necesario nestes intres e que serviría de axuda a persoas con serios problemas.
7. Modificación
dos factores referentes a perigosidade, penosidade e toxicidade do complemento
específico a funcionaria Consuelo Villaverde Carvallo xa que desempeña o seu
posto de traballo na lavandería e se lle están aplicando os factores do posto
de cociñeira
8. Necesítase,
para corrixir unha grande desigualdade, que neste orzamento se cree, dentro do
cadro de persoal, un posto de Oficial de servizos xerais para que a persoa
operaria de servizos, que desempeña o posto de oficial polas funcións que está
a facer na despensa poida promocionar e mentres non se dá esa situación que se
lle recoñeza a diferenza de funcións en produtividade
9. Propoñemos
para os traballadores que fagan gardas
para arranxar avarías ou situacións de emerxencias que se lle dea un módulo
fixo mensual que compense o ter que estar pendentes do teléfono e non poder
dispoñer do seu tempo libre como o resto dos traballadores.
10. Pedimos
para o persoal do Roupeiro da Cidade Infantil, no que todos están a facer as
mesmas funcións, que se modifique e iguale a súa nomenclatura para tódolos
postos de traballo igualando os Complementos do C. de Destino e Específico.
PARQUE DE
MAQUINARIA
1.
Non permitiremos no Servizo de Infraestruturas-Parque de
Maquinaria NINGUNHA AMORTIZACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NAS BRIGADAS, NIN DE
CONDUTORES MAQUINISTAS, xa que as necesidades do equipo actual existen en
función das demandas dos cidadáns, e a amortización dunha praza implica un
posto de traballo menos na Deputación, é ABRIRLLE A ENTRADA Á EMPRESA PRIVADA, para ir a unha
gradual externalización que termine en privatización do servizo.
2.
A DEPUTACIÓN TEN QUE POTENCIAR O TALLER DO PARQUE CENTRAL DE MAQUINARIA. E contribuír, de xeito decidido, a comprar para este a maquinaria axeitada ó NIVEL TECNOLÓXICO que se require para poder arranxar as máquinas estragadas.
A DEPUTACIÓN TEN QUE POTENCIAR O TALLER DO PARQUE CENTRAL DE MAQUINARIA. E contribuír, de xeito decidido, a comprar para este a maquinaria axeitada ó NIVEL TECNOLÓXICO que se require para poder arranxar as máquinas estragadas.
3.
Pedimos que se realice a dotación orzamentaria
necesaria ÁS BRIGADAS
DO SERVIZO DE INFRAESTRUCTURAS PARA A COMPRA DE CAMIÓNS. É máis que evidente
que, sen eles o servizo é moi deficiente e a imaxe que se transmite á sociedade
é penosa. Está demostrado que somos unha administración que carece dos medios
necesarios básicos para realizar o seu traballo.
Queremos para cada zona, onde
están situadas as Brigadas, que se teña unha DESBROZADORA E UNHA PALA DE XEITO
PERMANENTE, cun condutor asignado para estas. Este feito contribuiría a que as
marxes e as cunetas das estradas estivesen en perfecto estado.
4.
En cada Parque Comarcal e Central, as brigadas deben
dispoñer dun CAMIÓN REGADOR e cada brigada dunha FURGONETA equipada con
remolque, maquinaria e as ferramentas necesarias. Pero ademais, se se quere ter
un tempo de intervención rápido en caso de ACCIDENTE é necesario que cada
parque teña a disposición das brigadas un remolque equipado coas FERRAMENTAS,
MAQUINARIA E DEMÁIS UTENSILIOS QUE SE PRECISAN para realizar as intervencións
con éxito no menor tempo posible
5.
CC.OO. pídelle ó Equipo de Goberno que defina o futuro do
Parque de Maquinaria (funcións dos condutores, planta de aglomerado, taller) xa
que as decisións que se tomen teñen que ter un reflexo directo nas partidas do
orzamento xa que para o desenvolvemento das tarefas diarias do persoal
necesitarase unha ou outra maquinaria e se se quere ter a todos ocupados nas
vías provinciais é necesario facer compra de novas máquinas e un importante
desembolso de cartos.
6.
Pedimos que se cambien as cantidades orzamentarias das
partidas correspondentes para a contratación de lotes de maquinaria privada con
destino as vías provinciais por cuantías correspondentes á compra de nova
maquinaria e vehículos, xa que moitos dos traballos que están a facer as
empresas privadas os poden facer con garantía e profesionalidade os
traballadores da Deputación se se lles proporcionan os medios de maquinaria,
ferramentas e vehículos adecuados.
7.
Suxerimos que se contemple dentro da plantilla
orzamentaria a creación de prazas do Grupo C1 para que o persoal condutor do
Parque de Maquinaria que está a facer función de condutor Grupo C1 sendo as
súas prazas grupo C2, se poidan promocionar xa que esta situación e
tremendamente inxusta, por facer, exactamente, o mesmo traballo as retribucións
son moi diferentes
8.
Pedimos por ser moi necesario o incremento de prazas e
dotalas co persoal desde que sexa operativo o orzamento do ano 2016 dado que
con isto se fai moito máis áxil e operativo o servizo, porque se actúa no
momento en que se estraga unha máquina facendo que o persoal non estea parado e
deixando de producir
PARQUE MÓBIL
Propoñemos para tódolos traballadores deste servizo que se lle asigne no
Complemento Específico o factor de Dedicación xa que o colectivo ten que ter
dispoñibilidade para cumprir coas funcións que se lle encomendan o non facelo
deste xeito supón premiar e discriminar a uns traballadores sobre outros por
realizar iguais cometidos.
Servizo Recadación
ORAL
As propostas con carácter xeral
que este sindicato entende para el Servizo de Recadación – Oral, de cara ó orzamento
2016 son as seguintes:
- Funcionarización.
- Contratación de persoal.
- Equipamento Técnico.
- Equiparación económica do persoal.
- Incremento do plus de perigosidade.
- Aplicar a directriz da Xunta de Galicia sobre conciliación e flexibilidade
laboral.
FUNCIONARIZACIÓN
Hai tempo que, desde este
sindicato, se vén pedindo a funcionarización do persoal adscrito ó Servizo de
Recadación – Oral, sen que ata o momento se tivo en conta. Esta petición ten unha
fundamentación lóxica e xurídica. Por iso, a pregunta de por que deben
funcionarizarse ós traballadores do Oral?, a resposta legal e razoada é a seguinte:
Desde o punto de vista
legal: na lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade
da Administración Local, modificábase o artigo 92 da Lei 7/1985,
de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, concretamente os art. 2 e
3, quedando redactados da seguinte forma:
2. Con carácter xeral, os postos de traballo na
Administración local e os seus Organismos Autónomos serán desempeñados por
persoal funcionario.
3. Corresponde exclusivamente ós funcionarios de carreira ó
servizo da Administración local o exercicio das funcións que impliquen a
participación directa ou indirecta no exercicio das potestades públicas ou na
salvagarda dos intereses xerais. Igualmente son funcións públicas, cuxo cumprimento
queda reservado a funcionarios de carreira, as que impliquen exercicio de
autoridade, e en xeral, aquelas que en desenvolvemento da presente Lei, se
reserven ós funcionarios para a mellor garantía da obxectividade, imparcialidade
e independencia no exercicio da función.
Ademais, a Lei 2/2015 de 29 de abril do emprego público
de Galicia, promovida pola Xunta de Galicia, establécese a necesidade de que
todo o persoal adscrito á Tesourería ten que ser funcionario.
Desde un punto de vista razoado: É indubidable que o
Servizo de Recadación - Oral, no que se refire ás súas competencias, representa
o servizo con máis carga decisoria, impositiva e executora de toda a Deputación,
xa que, non só dicta resolucións que implican directamente á administración, se
non que realiza inspeccións, impón sancións, desenvolve o procedemento recadatorio
(apremios e embargos), etc. Polo tanto, as súas actuacións conforman unha
responsabilidade enorme que implica á administración, ós administrados e a aqueles
que as levan a cabo. Por se isto non fora pouco, debemos ter en conta o
carácter de imparcialidade e independencia no exercicio destas funcións, e
debe, ademais, velar polo cumprimento da
legalidade.
É obvio que corresponde, polo tanto, a funcionarización
dos traballadores do Oral. Neste sentido xa se pronunciaron no seu momento o Defensor
do Pobo e o Tribunal de Contas, advertindo a falta de persoal funcionario.
Debemos ter en conta que isto ten custo cero para a Administración. É dicir, é
un cambio de estatus laboral, que para nada incrementa o custo da
administración.
CONTRATACIÓN
DE PERSOAL
Nestes últimos anos, e a
pesar da crise que atravesou este país, o Servizo de Recadación do Oral mellorou
os seus resultados, á par que foi adquirindo máis delegacións. Isto indubidablemente
conseguiuse, entre outras razóns, grazas ó esforzo do persoal. Na actualidade,
para poder levar a cabo todos os procedementos recadatorios e de xestión, é
necesaria a contratación de persoal, non só para impulsar servizos, senon para
poder garantir os existentes.
Por exemplo, é coñecido
por este sindicato, a falta de persoal nas oficinas periféricas, e como iso
incide directamente no cumprimento dos dereitos dos traballadores, na capacidade
e calidade da atención ó usuario e na mellora do servizo.
Non se pode manter un
nivel de excelencia se non se dota ó Servizo de medios humanos, se non se
establece un clima laboral adecuado e se non se mantén unha continuidade.
Por iso, é indispensable a
contratación de persoal, aumentar o cadro de persoal existente de forma que sexa
capaz de suplir as carencias que se ocasionan, para que poidan dar resposta ó
aumento de traballo, para manter o nivel de esixencia, calidade e bo facer que
ata hoxe se ten conseguido, para poder poñer en marcha novos servizos que se
demandan desde os Concellos, e para poder atender correcta e satisfactoriamente
ós cidadáns.
EQUIPAMIENTO
TÉCNICO
O novo Equipo de Goberno
non pode seguir mantendo durante máis tempo ó Servizo de Recadación do
Oral sen unha mellora no equipamento
técnico, xa que os equipos que agora teñen son antigos e insuficientes para dar
unha cobertura adecuada á demanda de prestacións que ten o Servizo.
Manter un adecuado equipamento
en ordenadores, pantallas e outros materiais, é totalmente necesario para o
correcto desenvolvemento das funcións e a mellora de resultados. É imposible
seguir dando un servizo á cidadanía completo se non melloramos no aspecto
técnico, xa que os equipos van quedando obsoletos e isto provoca que moitos
aplicativos non funcionen ou funcionen mal.
Por iso pedimos, porque
existe a necesidade para poder dar un servizo coas garantías de calidade que
demandas os usuarios, que se dote de equipos novos, que se actualicen os medios
técnicos de que se dispón de acordo coas esixencias do Oral. O xefe de Novas
Tecnoloxías é sabedor destas necesidades e coñecedor dos problemas que se
derivan da falta de equipamento informático, polo que cremos deberían contar co
seu asesoramento nesta materia. É fundamental facer unha inversión de acordo
coas necesidades existentes, dotando de medios técnicos suficientes ós traballadores
para garantir o bo funcionamento e a rapidez e axilidade, á vez que permite unha
maior modernización e adecuación ós tempos que corren, grazas á utilización de
numerosas ferramentas informáticas, que hoxe non podemos.
EQUIPARACIÓN
ECONÓMICA DEL PERSOAL
Para evitar a discriminación salarial pedimos, a
equiparación económica do persoal dentro da mesma categoría xa que rebaixaba os
conflitos laborais e proporcionaba un mellor desenvolvemento do traballo.
Como se sabe, e isto
está contrastado, cando os traballadores que teñen a mesma categoría profesional,
realizando o mesmo ou similar traballo, teñen as mesmas retribucións, iso fai
que desaparezan tensións laborais, facilita o traballo en equipo, evita que se
produzan discrepancias de competencias entre os traballadores, etc.
Sabendo isto a
Administración non pode mirar para outro lado permitindo que, algún persoal que
tendo a mesma categoría profesional, realizando tarefas similares, non perciban
as mesmas retribucións económicas que o resto de compañeiros. Ademais debemos
ter en conta, que a gran maioría do persoal do Servizo de Recadación realiza
funcións de superior categoría ó posto que ocupa, xa que, como dixemos, o traballo
require de especialización.
Por iso entendemos que
deben corrixirse estas cuestións, igualando ó persoal.
INCREMENTO
DEL PLUS DE PERIGOSIDADE
O Servizo de Recadación do
Oral, fundamenta gran parte do seu traballo no trato directo co contribuínte,
ben sexa a través da atención personalizada, como no desenvolvemento de
procedementos recadatorios, de xestión ou de inspección. Isto fai que todos os
traballadores, técnicos e xefes, teñan entre os seus cometidos a atención ó
contribuínte.
É sabido que as relacións
entre administración e administrado non son de todo satisfactorias, xa que sempre
hai por parte do administrado certa desconfianza cara a administración. Este
sentimento acrecéntase cando se trata do Servizo de Recadación, debido,
principalmente, a ese carácter recadatorio, impositivo e executivo. É dicir, os
contribuíntes non veñen contentos a pagar e menos se o fan por reclamación executiva.
Durante todos estes anos, o
persoal ten sido vítima de malas contestacións, insultos, ameazas…, e aínda que
foron os menos, grazas á profesionalidade dos traballadores, non pasaron a maiores.
Sen embargo, desde hai uns anos, por desgraza, cada vez repítese con máis
asiduidade este comportamento por parte dos contribuíntes, increméntase o
número de incidencias deste tipo, pero ademais, en bastantes ocasións, nestes
últimos anos, tiveron que intervir os vixiantes, no caso de servizos centrais,
ou policía no caso de oficinas, para evitar males maiores.
Cada vez os insultos,
malas contestacións e ameazas, son realizadas con maior frecuencia polos
contribuíntes e con maior carga de agresividade, e isto fai aumentar o medo
entre os traballadores a sufrir danos físicos como consecuencia de condutas
agresivas. Estas aptitudes por parte dos contribuíntes, son como resposta á
realización do traballo cotián, présas, embargos, procedementos de inspección,
imposición de sancións, reclamación de bens, etc.
Entendemos que no contexto socio-económico e ante as
dificultades de financiamento da poboación, esta teña máis problemas para
asumir o pago de impostos e taxas, pero non podemos esquecer que por facer
cumprir a lexislación vixente e desenvolver o seu traballo, ningunha persoa
debe ser insultada, increpada ou ameazada.
Por tanto, e ante os feitos que día a día se desenvolven, ante a realidade
da situación, entendemos que é necesario, que a Deputación de Pontevedra
desenvolva un protocolo de actuación que estableza as actuacións para realizar
por parte dos empregados, en caso de trato vexatorio, insultos, ameazas, etc.
non só cando a atención sexa persoal, senón tamén cando esta se produza de
forma telefónica ou por escrito.
Ademais entendemos que isto debe ir acompañado dun
incremento do plus de perigosidade ou complemento compensatorio, xa que a
exposición a este tipo de aptitudes é continua e maior que noutros servizos da
Deputación, onde non se atende ó mesmo número de persoas, nin se realizan as
mesmas funcións recadatorias ou de xestión que afectan directamente á situación
económica e social do administrado.
APLICACIÓN
DA DIRECTRIZ DA XUNTA DE GALICIA SOBRE CONCILIACIÓN E FLEXIBILIDADE LABORAL
A Xunta de Galicia, grazas
ó programa Cronos, emitiu unha directriz para os seus traballadores onde se
recollía a flexibilidade horaria e a conciliación familiar e regulábanse todos
os aspectos. Transcorrido xa algún tempo desde a aplicación desta norma,
comprobouse que foi altamente beneficioso para a Xunta e para o persoal.
Na actualidade a
Deputación só recolle a conciliación laboral, pero non existe ningunha
regulación sobre a flexibilidade horaria, que nin sequera se contempla.
Por iso, cremos que a
Deputación debe incluír a incorporación desta resolución, adaptándoa ó
convenio, e proceder á súa posta en marcha, xa que do mesmo xeito que a Xunta
de Galicia, temos fichaxe electrónica e é facilmente controlable.
MUSEO DE
PONTEVEDRA
1.- Relación de
Postos de Traballo para 2016
Estas
propostas supoñen cubrir con persoal laboral ou funcionario as prazas mínimas
necesarias para o desenvolvemento das actividades e función do Museo no ano
2016.
a) Cubrir con persoal interino as prazas vacantes que figuran na RPT do Museo, dotadas
economicamente para 12 meses e que actualmente ou non se cobren ou se cobren
con contratos temporais:
-
1 Técnico
de Administración Xeral (A1 – Nivel 25)
-
5
Subalternos de oficios varios (E – Nivel 14)
b) Creación das seguintes prazas e postos de traballo
laboral fixo na RPT do Museo en
atención ás necesidades permanentes de recursos humanos que precisa o funcionamento
da institución:
-
2
Restauradores-conservadores (A2 – Nivel 22).
-
2
Axudantes de Arquivo e Bibliotecas (A2 – Nivel 22).
-
4
Técnicos Auxiliares de Gabinete Didáctico (C1 – Nivel 20).
-
2
Auxiliares Administrativos (C2 – Nivel 18).
-
2
Auxiliares de Arquivo e Bibliotecas (C2 – 18).
-
1
Subalterno de oficios varios (E – Nivel 14)
c) Contratación do seguinte personal laboral temporal en
2016 (12 meses):
-
2
Conservadores-Restauradores (A2 – Nivel 22)
-
2
Subalternos de oficios varios (E – Nivel 14)
d) Reclasificación,
mediante promoción interna, pola realización de traballos moi especializados en
temas vinculados á custodia e manexo de obras de arte de gran valor (montaxe de
salas, exposicións, almacéns, colaboración en tarefas de restauración e
conservación, control de alarmas e sistemas de vídeovixilancia, atención ao
público, etc.) ou por estar estes postos reclasificados en outros centros da
Deputación, das seguintes prazas e postos de traballo:
-
Encargado
de montaxe (C2)----------- Técnico
Especialista de Montaxe (C1 – Nivel 20)
-
Encargado
de carpintería (C2)--------- Técnico
Especialista de Carpintería (C1-Nivel 20)
-
Encargado
de Conserxería (C2)------- Encargado de
Conserxería (C1 – Nivel 20)
-
Subalternos
de oficios varios (E)------ Oficiais de
Servizos Xerais (C2 – Nivel 17)
-
Auxiliares
de Bibliot. e Arquivos (C2)- Técnico Auxiliar de Bibl. e Arquivo (C1-Nivel 19)
e) Elaboración, desenvolvemento e posta en funcionamento do
Organigrama do Museo, coa
dotación económica necesaria para a revisión do complemento de destino e
específico que a creación dos postos precise.
f) Actualización das Guías de funcións do Museo de
Pontevedra.
2.-
Instalación de despachos para
técnicos na 1ª planta do Edificio Fernández López (retomando o proxecto
iniciado no ano 2013).
3.-
Acondicionamento e equipamento dunha
sala no Sexto edificio do Museo para actividades con nen@s para obradoiros do
Gabinete Didáctico.
4.-
Acondicionamento e equipamento con
armarios compactos de almacéns para fondos de arquivos e bibliotecas no
Edificio Fernández López do Museo.
5.-
Posta en marcha dos Plans de
Evacuación e de Emerxencias do Museo.
6.-
Funcionarización do persoal laboral
7.-
Conversión do Centro Xestor Museo de
Pontevedra nunha Fundación Pública.
Dependente da Deputación de Pontevedra e cuns Estatutos
propios, esta Fundación Pública contaría
cun Padroado, no que estarían representadas as Administracións Públicas máis
próximas: Deputación de Pontevedra (Presidencia), Concello de Pontevedra, Xunta
de Galicia e o Ministerio de Educación,
Cultura e Deporte. Tamén terían representación entidades que ao longo da súa
historia participaron de forma importante e activa na configuración do Museo:
Escola Naval Militar, Fundación Barrié, etc. Outro apartado estaría
representado, de forma temporal, por empresas privadas que colaboren co
mantemento, inversión para mellora de instalacións, compra de obras de arte ou
actividades culturais no Museo. Finalmente, participarían no Padroado
persoeiros relevantes da cultura e a sociedade do Concello, da Provincia ou de Galicia,
así como grandes mecenas da entidade, que ocuparían un posto de Patróns de
Honra. Así mesmo, contaría cunha Comisión Executiva para os asuntos menores e
trámites do día a día, máis rápida e áxil.
Na páxina web do Museo del Prado pódese ver toda a información
relativa a un modelo de marco xurídico, organización, composición e estatutos
dunha Fundación Pública.
PROPOSTAS DE CARÁCTER
RETRIBUTIVO
1.
Pedimos a negociación dun
regulamento de provisión de postos de traballo mediante procedementos regulados e
públicos, con baremos e garantía de publicidade; tamén a periodicidade dos
concursos de provisión, tanto para os postos de traballo singularizados coma
para os non singularizados.
2.
Instamos a Deputación a promover unha catalogación obxectiva dos postos de traballo e unha
retribución dos mesmos xusta e equilibrada. O que non pode facer O Equipo de
Goberno é, sen negociar unha nova
modificando do Catálogo, e de maneira unilateral, cambiar os niveis de C.de
Destino e Específico pois de esta forma o que se está a facer é que se
consideren os traballadores en función do servizo ou centro onde traballen de
primeira ou de segunda.
3.
Que o persoal INTERINO adquira o dereito ás axudas recollidas no Acordo
Regulador porque na actualidade existe
un agravio comparativo có persoal funcionario e unha importante diminución
económica.
4. CC.OO.
propón que aqueles traballadores que faltándolle anos de cotización para acadar
o 100% na percepción da súa pensión e queiran seguir traballando para
incrementar a base reguladora se lle permita seguir desempeñando o posto de
traballo.
5. Propoñemos
que se regule a percepción das horas extras en función da carga de traballo e
da imposibilidade de realizar o mesmo durante a xornada ordinaria. Isto ten que
traer como consecuencia o incremento do valor das mesmas xa que, son as máis
baixas de tódalas administracións e cando xurde un imprevisto non compensa ó
traballador facelas.
6. Reivindicaremos para todo o persoal da Deputación
(Técnico, Educativo, Administrativo e de Servizos) que realiza funcións que
corresponden a un grupo superior que
sexa no novo Catálogo de Postos de Traballo onde se fagan as revisións de cada
posto, có fin de adecualos os niveis que lles corresponderían do Complemento de
Destino e Específico (Perigosidade Penosidade, Toxicidade, Dificultade Técnica,
Responsabilidade, Incompatibilidade, Dedicación). Deste xeito as retribucións
serán as que lle corresponden a cada funcionario polo traballo que realmente
fai.
7. Impulsar a
estabilidade no emprego e incluír no equipo ó persoal procedente dos
convenios.
8.
Establecer mecanismos
de recompensa por atribución de funcións para o persoal da Deputación
(técnico, educativo, administrativo e de servizos) que realiza funcións
correspondentes a un grupo superior, mediante un novo catálogo de postos de
traballo que inclúa cláusulas de promoción automática por desempeñar accións de
niveis superiores, cando se demostre a asunción desas tarefas por períodos
superiores a 3 meses, co fin de adecualas aos niveis que lles corresponderían
do complemento de destino e específico (perigosidade penosidade, toxicidade,
dificultade técnica, responsabilidade, incompatibilidade, dedicación). Deste
xeito, as retribucións de cada funcionario/a serán as que lles correspondan
polo traballo que realmente fai.
9.
Facilitar a
promoción interna das prazas ocupadas por persoal que realiza traballos de
superior categoría. Propoñemos que se consoliden as categorías e exista unha
promoción real na Deputación.
10.
Actualizar os complementos
de destino e modificar a estrutura retributiva, sobre todo nos grupos de
clasificación cuxo complemento de destino é inferior ao do resto do grupo de
clasificación.
11.
Que os complementos específicos se
adapten ás circunstancias en que se desempeñan os postos de traballo.
12.
Solicitamos para o persoal auxiliar administrativo que
desempeña funcións de administrativo a creación de prazas de administrativo
para proceder a súa promoción.
13.
Insistimos sobre a permanencia das pagas de produtividade
de xuño, setembro e decembro para todo o persoal nas mesmas cantidades anuais.
É necesario recordar unha vez mais que as contías se levan cobrando dende fai
trinta anos e que, nun principio, se concederon por perda de poder adquisitivo
como complemento ás pagas extras e que unha sentencia do T.S.J. de Galicia converteu
en ilegais, reuníndose por elo a Mesa de Negociación na que se chegou a un
acordo de conceder as pagas de produtividade de xuño, setembro e decembro co
fin de que os traballadores non tiveran diminución retributiva.
14.
Consideramos un logro importante o acordo para a paga de
produtividade de novembro suxeita ó absentismo e as faltas de asistencia ó
traballo, logrado en Mesa de Negociación e que axudou dunha maneira importante
a estimular ós traballadores e a reducir de maneira considerable o absentismo.
15.
Propoñemos que a praza de oficial carpinteiro do Pazo
Provincial sea cuberta por o funcionario
de carreira D. Roberto Calvo
Álvare, con destino no Príncipe Felipe.
Esto implicaría que a persoa que está ocupando interinamente a praza de oficial
carpinteiro no Pazo pase a ocupar a praza vacante no Principe Felipe.
16.
Propoñemos a creación dunha praza de Xefa de Sección de
Fondos Especiais de Arquivos do grupo A1.
17.
Pedimos a consolidación e potenciación do Servizos
Lingüsticos.
PROPOSTAS DE CARÁCTER SOCIAL
1. Elaborar un Plan
de Igualdade para todo o persoal da Deputación é un dos obxectivos na
próxima etapa, como se pediu insistentemente dende CCOO, partindo dun bo
estudo-diagnóstico da situación para aplicar as medidas e actuacións que coiden
necesarias para mellorar a situación real de igualdade e avanzar nas medidas de
conciliación persoal, familiar e laboral.
2. CC.OO. propón o Goberno un plan de flexibilidade
horaria máis operativo para todos os traballadores.
3. Contemplar a contía suficiente
na partida que corresponda para garantir as achegas ó Plan de pensións.
4. Garantir as cantidades no orzamento para as axudas
sociais vixentes recollidas no Acordo Regulador e o Convenio Colectivo.
5. Poñer en práctica o acordo alcanzado en Mesa de Negociación
para recuperar o seguro de asistencia
sanitaria privada para o persoal funcionario, interinos e laborais fixos,
subscribindo unha póliza cunha compañía pagada pola Deputación.
6.
Pedimos que
o Equipo de Goberno dispoña dun espazo para destinalo ó servizo de comedor para
o persoal, de igual xeito que existe noutras administracións.
7. Validación dos
certificados médicos oficiais para os efectos de tribunais de segunda
actividade e, en todo caso, que cubra a Administración os gastos derivados.
8. Promover a elaboración, negociación e implantación dun programa piloto de teletraballo,
destinado a quen, de xeito voluntario, poida realizar parte da súa xornada
mediante esa fórmula non presencial, facilitando o acceso do persoal aos
equipamentos tecnolóxicos necesarios, mediante a subvención para adquirir
equipamentos informáticos que faciliten o seu acceso ás TIC e a posterior implantación do teletraballo.
9. Proponse incluír con cargo ó fondo social o aboamento do complemento de incapacidade temporal,
necesario para completar, en cada caso, o 100% das retribucións percibidas,
pois por lei non pode facelo a Deputación.
10. Revisión dos regulamentos
de réxime interno para adecualos á realidade actual.
11.
Cubrir as
necesidades temporais do persoal a través de BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL: publicadas na web, cunha xestión
transparente e con aplicación de criterios públicos e homoxéneos, realizando
unha vixilancia efectiva e con carácter mensual.
12. Evitar subcontratas e a contratación de servizos para
desenvolver funcións propias,para evitar o risco de privatización, baixo o
prisma de DEFENSA DO PÚBLICO.
13. Propoñemos instalar nos centros de traballo ordenadores
como punto de consulta para quen careza de acceso a internet e correo electrónico
no seu posto de traballo, para que o use con fins de información laboral e
sindical.
14. Esixiremos
ó Goberno da Deputación o cumprimento
dos acordos e convenios asinados.
15. Demandamos a continuidade do Premio a Xubilación porque
leva moitos anos sendo disfrutado por tódolos traballadores que se xubilaron e
que os futuros perceptores do mesmo, ó igual que os que o cobraron tiveron que
renunciar a outros beneficios sociais para poder ter este,CC.OO. propón que
este premio se considere un beneficio social máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)