venres 20 de setembro de 2013
O permiso de lactancia tamén para os pais
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, recollendo unha sentencia do Tribunal Europeo, adoptou un acordo polo que recoñece plenamente o dereito ós empregados públicos que sexan país, a solicitar o permiso de lactancia, independentemente de que a nai traballe por conta allea ou non, e abre a porta a que esta interpretación se estenda a todos os asalariados.
Permiso lactancia.
O ministerio faise eco de dúas sentencias para xustificar as súas indicacións. Dunha parte, cita un ditame do Tribunal Constitucional de 2011, que ampara "o dereito do pai, traballador por conta allea, ó disfrute do permiso de lactancia, sempre que a súa esposa desempregue una actividade profesional". Doutra, a resolución de Facenda alude a un fallo do Tribunal de Xustiza da Unión Europea en 2010, que establece que o feito de denegar o disfrute do permiso porque a nai non sexa traballadora por conta allea, senón por conta propia, "supón unha limitación da sua actividade profesional", ademais de que implica que a muller "debe soportar soa a carga derivada do nacemento do seu fillo, sen poder recibir a axuda do pai do neno".
O informe fai referencia a outras sentencias que foron modificando a interpretación do
dereito de lactancia e sinalan a necesidade de evitar condutas que poidan desembocar na desigualdade entre homes e mulleres no acceso ó traballo, a formación e a promoción profesionais, "de tal xeito que a concesión ou non do permiso de lactancia poida influír negativamente para a muller no ámbito laboral ou profesional".
O Ministerio de facenda e Administracións Públicas di tamén que a duración do permiso debe ser a mesma, o disfrute un ou outro proxenitor, tanto na modalidade de disfrute diario como de acumulación. O dictame conclúe que o permiso de lactancia "pode ser exercido indistintamente polo funcionario ou a funcionaria", aínda que, no caso de que os dous traballen, tan so poderá ser disfrutado por un.
Deste xeito, Facenda da resposta os casos nos que o funcionario que é pai reclama
o seu dereito á lactancia e as súas parellas non traballan. Hasta agora, entendíase que si a muller non traballaba lle correspondía a ela o permiso de lactancia, aínda que fora o pai o que quixera disfrutalo.