viernes, 27 de julio de 2012


SECCIÓN SINDICAL DE CC.OO. NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Avda. Montero Ríos s/n
Pontevedra
Telef. 986.80.41.00  Ext. 40822



LUNS, 30 DE XULLO DE 2012

NOVA MANIFESTACIÓN CONTRA OS RECORTES NO SÉCTOR PÚBLICO

LUGAR DE SAÍDA: PRAZA DA FERRERÍA
HORA: 20:00 H.

miércoles, 18 de julio de 2012




  • A CORUÑA (central): saída da praza da Palloza ás 20h. Chegada no Obelisco ou Subdelegación do Goberno · SANTIAGO DE COMPOSTELA: saída da Alameda 20h. Remate na praza das Praterías · FERROL: saída do Inferniño ás 20:30. Remate na praza de Armas
  • VIGO: saída do cruzamento Urzáiz-Vía Norte ás 20:30. Remate diante do Edif. Adm. da Xunta · PONTEVEDRA: saída da praza da Ferrería ás 20:30. Remate na Subdelegación do Goberno ·
  • VILAGARCÍA DE AROUSA: saída da Casa do Mar (avda. da Mariña) ás 21h. Remate na praza da Ravella
  • BURELA: saída da praza da Mariña ás 20:30. Remate na Confederación de Empresarios (Arcadio Pardiñas, 97) · OURENSE: saída do pavillón dos Remedios ás 20h. Remate na Subdelegación do Goberno · O BARCO DE VALDEORRAS: saída 20h desde o Hospital. Remate na praza de José Otero · LUGO: saída do edificio sindical (rolda da Muralla) ás 20h. Remate na Subdelegación do Goberno

lunes, 16 de julio de 2012

Manifestación unitaria o 17 de xullo en Pontevedra contra as penas de prisión a varios sindicalistas

A marcha partirá ás 11:30 da praza da Ferrería, e nela participarán os secretarios xerais de CC OO, CIG e UGT Manifestación unitaria o 17 de xullo en Pontevedra contra as penas de prisión a varios sindicalistas CCOO, CIG e UGT convocan unha manifestación unitaria para o vindeiro 17 de xullo en Pontevedra para denunciar as penas de prisión impostas a varios sindicalistas. A marcha, na que participarán os secretarios xerais das tres organizacións, partirá ás 11:30 da praza da Ferrería e rematará diante da Audiencia Provincial, que é o órgano que debe resolver o recurso contra a sentenza. Os tres sindicatos critican a sentenza do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, que condena a Carlos Búa (CCOO) e dous membros da CIG a penas de tres anos e un día de prisión, multa de 1.805 € e pagamento dun terzo das custas xudiciais. As acusacións baséanse na actuación como piquete informativo dos tres compañeiros na folga do sector de comercio de alimentación convocada na provincia en novembro de 2009. CCOO denuncia que esta resolución xudicial «non é un feito illado», senón que se enmarca no contexto dunha «campaña moi agresiva contra o sindicalismo de clase», na que son relevantes a participación tanto do Goberno do Estado como das Delegacións e Subdelegacións do Goberno. Proba disto é a recente sentenza condenatoria ao secretario comarcal de CC OO-Industria de Vigo pola súa participación na última folga do metal, así como as «cuantiosas multas» que aínda hoxe están a recibir numerosas persoas que foron identificadas «arbitrariamente» na folga xeral do pasado 29 de marzo. Para CCOO, resulta especialmente preocupante que moitos destes casos se estean a dar na provincia de Pontevedra, e critica o cariz «ideolóxico» da sentenza que condena estas tres persoas a penas «desproporcionadas».
+ Máis información en: http://www.galicia.ccoo.es/